A Santa Compaña ou, mellor, Compaña, é unha procesión de mortos ou de ánimas en pena que percorren de noite os camiños dunha parroquia para anunciar a morte dalgún veciño, disque cun ano de antelación. O mito das procesións de mortos ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa Occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia: Galicia, norte de Portugal e Asturias. Tamén se describiron procesións semellantes na Bretaña, Escocia, Gales, Inglaterra, Baviera, Suíza, Francia, así como noutras rexións de España, pero Risco insiste en que é no noroeste peninsular "onde se presenta máis cumprida, máis clara e máis viva". No caso de Escocia, alá describen baixo o nome de Sluagh unha procesión de mortos que camiñan -ou voan- e obrigan a integrarse nela a aqueles cos que se cruzan. Mariño Ferro considera que a crenza na Santa Compaña se mantén en Galicia "pola mesma razón pola que perduran outras manifestacións tradicionais: a alta taxa de poboación rural non integrada na sociedade moderna".

A crenza na Santa Compaña, analizada por Vicente Risco como unha tradición cristiá de poucas pegadas anteriores, está rexistrada por outras fontes anteriores vinculada a tradicións europeas de raizame diferente; por exemplo, recólleo Martín SarmientoSarmiento, M. (1754). Viaje a Galicia (Primeira documentación de tradicións galegas antigas, incluíndo a Santa Compaña). Biblioteca Nacional de España, BNE. como elemento da antiga cultura aínda vixente. Logo, nos séculos seguintes, atópase en dicionarios, almanaques e na literatura: Ramón María del Valle-Inclán deulle o toque máis poético.Romance de lobos (1908). Está estudada dende finais do século XX coma un elemento propio da antropoloxía cultural galega.

Non debe confundirse coa posible aparición de ánimas, de forma individual, para pedir axuda -normalmente a familiares e amigos- e poder, por fin, saír do purgatorio, como por exemplo que desfagan algunha maldade que fixeran en vida, que repoñan un marco, que devolvan unha débeda, que cumpran unha promesa que el fixera, etc. Outras aparicións individuais poden tratarse de condenados que foron enterrados vestidos cun hábito, o que lles impide entrar no inferno ata que un vivo lles rache o hábito.

Orixe miniatura|Santa Compaña. Feira Medieval de Santiago A vixencia deste mito da relación na sociedade galega entre a parroquia dos vivos e a parroquia dos mortos recoñécese polos testemuños de fontes escritas ao longo da historia. Pódese ver descrita en diversos documentos da Inquisición do século XVI e comezos do XVII, mencionando xa a crenza, en Galicia, de ánimas errantes que non foron nin ó paraíso, nin ó inferno nin ó purgatorio. Os vivos buscan a redención dos seus pecados na peregrinación a diferentes santuarios; os mortos fano vagando polos camiños da parroquia (e isto explica a denominación de Pelegrina que se lle apón á Compaña).

Martín Sarmiento anota que a estantiga é un dos seus nomes particulares pola zona de Ourense. El fora testemuña de que o mito, xa antigo naqueles tempos, xa existía polo menos no século XVII. Deste modo, dálle o significado de ser un fenómeno vinculado á mitoloxía europea, é dicir, máis que da procesión de ánimas da tradición cristiá. Pola contra, Risco cre que estamos ante un mito de orixe cristiá, independente da hoste de almas de heroes que se describe en Europa; sería, para el, de orixe medieval en correspondencia coa concepción cristiá do mundo.

Por outra banda, o antropólogo Carmelo Lisón Tolosana publicou unha investigación etnográfica sobre a Santa Compaña, onde di que esta crenza, aínda viva no século XX en Galicia, está vencellada a un mito xermánico, a cazaría salvaxe, que difundiron as invasións destes pobos durante a Alta Idade Media co nome de estandiga ao longo de toda a Hispania. O mito axiña sería cristianizado. A lenda da cazaría salvaxe e as crenzas das culturas célticas van polo tronco dunha crenza antiga, o que supón que se trata de maxia na súa función de acceder ao coñecemento.

Nomes da Santa Compaña miniatura|A Santa Compaña (graffiti en Pontevedra)

Segundo Cuba, Reigosa e Miranda, os nomes Santa Compaña e Santa Compañía son nomes erróneos por contaminación culta, aínda que poidan usarse de xeito eufemístico en algures (como en Asturias, onde a chaman buena gente).

Risco afirma, pola contra, que si que é santa, pois está formada por ánimas do Purgatorio, non condenadas: "son fieis defuntos, compoñentes da Igrexa purgante, que se están purificando dos seus pecados". Recoñece, porén, que existen numerosas testemuñas que o contradín. Xa que logo, resulta común o medo que se sente ante a súa presenza, quizais porque a Compaña pertence ó mundo do mal, como todo o relacionado coa morte.

Lisón Tolosana concorda en que Santa Compaña é unha expresión que serve para denominala, en particular polos eruditos, pero que non é utilizada, ou moi escasamente, polos crentes. O xornalista Manrique Fernández afirma o mesmo: "Á Santa Compaña, en Galicia, nunca se lle chamou así. A denominación máis habitual, máis popular, foi unicamente Compaña".Jácome, Xabier et al (2012) . Lendas vivas. A Santa Compaña, V Televisión, cap. 13, 22.01.2012.

E a mesma tese defende o antropólogo Marcial Gondar Portasany, cando describe as aparicións colectivas e os distintos nomes que recibe en Galicia:

Lisón Tolosona, con datos dos anos 1960 recolle 124 casos onde o motivo da procesión é para anunciar morte, 32 casos para facer penitencia e 31 casos para castigar. Os nomes para chamar a procesión están relacionados co motivo da súa existencia. Estes nomes locais atribuídos por cada zona corresponden a unha adaptación particular da crenza, a cal estará máis ou menos preto dun dos tres tipos enunciados. miniatura|Representación alemá de finais do século XIX dunha hoste antiga, derivación da Cazaría salvaxe. Ánimas voando perseguen aos vivos, encabezadas por un xefe, posiblemente Odín. Compañía, Compaña, Santa Compaña.Varios autores, en Dicionario de dicionarios., acompañamento., di que é o nome que recibe no norte de Galicia, de onde foi tomado por literatos e escritores. As da noite,En Baviera, pobo da noite, xente da noite. avisóns,Porque son avisos de morte; ou tamén porque son visións. avexón.Segundo Martín Sarmiento, así a chaman en terras de Ourense. Antaruxada, pantaruxada.IES As Mariñas. Blake Aguilar (2021) Entes malignos. Antaruxada é o nome que reciben as bruxas que bican no cu ó demo, pero tamén pode significar sinal, porque non deixa de ser un agoiro de morte. Cita, seña, señais. Enxamio,"O Enxamio son las almas da parroquia que aínda non puderon ir pó ceo" (). estadea,, supón que procede de estadal, un cirio do tamaño dunha persoa, en alusión ás candeas que levan as ánimas.Eladio Rodríguez establece diferenzas entre a estadea e a Compaña. Segundo este autor, a estadea sería unha alma soa, altísima, branca ou transparente, que percorre os camiños. estadeíña. Estántiga, estantiga,Na cidade de Lugo houbo un Carril das Estantigas (Antonio Reigosa: A Santa Compaña, V Televisión). estantigua, estandiga, estantía. O nome parece provir de hoste antiga. Ferranchada, denominación recollida en Xavestre (Trazo, A Coruña).Enciclopedia Galega Universal, s. v. Compaña.O termo fai referencia ó ruído das cadeas de ferro que arrastran as ánimas. Hoste, e hoste antiga, chamada así por formar unha comitiva que pode asemellar a unha hoste ou mesnada, é dicir, un exército de almas. Hoste e hostillaHostilla, de hostilis, inimigo. pódense entender como exército, inimigo ou peregrino (e, precisamente, outro dos nomes da Compaña é e de Peregrina).En Asturias, Huestia, Güestia ou, eufemisticamente, buena gente.</ref> O adxectivo antiga significa aquí vellez, decrepitude, corrupción, e aplícase ó Mal (un dos moitos nomes do Demo é o de serpe antiga <ref>"Deus botou do ceo ó gran dragón, serpe antiga, chamado Satán e Satán, o que fai extraviar a todos os homes: botouno á terra; e ós seus anxos con el" (Apocalipse [https://abiblia.gal/novo_testamento/27_apocalipse/cap%C3%ADtulo_12.html 12.9, abibliagalega.com])). Pantalla, en opinión de Vicente Risco, fusión ou contaminación dos termos «pantasma» e mais «espantallo». Pantalla úsase en Beariz (na comarca do Carballiño), e fai referencia ó medo que produce a súa aparición. Proviría de pan, orixe tamén da palabra pánico indo en certa instancia ata o deus Pan; sen esquecer as máscaras do entroido de Xinzo de Limia, tamén coñecidas como pantallas. Peregrina, e pelegrina. Procesión das ánimas, aplicado especialmente no sur de Galicia, sobre todo en Ourense. Na Bretaña falan dunha procesión dos defuntos, os Anaon. No Entrimo (Ourense), procesión do caldeiro. Rolda, roldiña'''. Neste caso, a procesión de ánimas remeda un enterro. Os sacramentos, pola similitude co Viático. Semuldanza.Termo que fai referencia á idea de representación ou figuración do futuro enterro que agoira a súa aparición. Visión, visita.Chámase así porque van visitar a quen vai morrer, e mesmo se cre que lle levan o viático. Xaira, nome recollido por Martín Sarmiento como usado na zona de Ourense no século XVIII. Zarrulada.

De por parte, tamén se cre na existencia dunha Sociedade do Óso, formada por xente normal pero que vive tanto neste mundo como no alén e que percorren os camiños igual que a Santa Compaña.

E tamén existe as procesións das bruxas, coas que pode confundirse a Compaña, pero que non é o mesmo.Cuveiro Piñol define a Santa Compaña como "hoste ou procesión de bruxas", pero , nega esta asimilación: "A veces, a tradición popular confonde a procesión das ánimas con cortexos de bruxas, mais istes mesmos casos demostran a existencia de dúas representacións independentes, que se misturan nalgún caso". Neste caso son as bruxas que se reúnen e percorren bosques e lugares ermos. O que si é certo é que desta procesión das bruxas cóntanse sucedidos semellantes ós relacionados coa Compaña.

As Xáns ou Xás son outra forma de ánimas en pena que andan por camiños e lugares, cun óso de morto a modo de candea. Diferéncianse da Procesión das ánimas en que realmente son fantasmas de vivos, espíritos de persoas vivas. Van tamén en dúas filas e levan no medio un ataúde, e aqueles que vaian cerca deste serán os que morran antes, mentres que os que van máis lonxe tardarán máis, ata tres ou catro anos.Eladio Rodríguez, s. v. xans. O que pretenden estes fantasmas é facer dano á xente: dan malleiras e arrastran ás vítimas polas silveiras, rouban os froitos, moxen as vacas e derraman o leite, lanzan pedras contra os tellados, etc. Non son trasnos aínda que se porten como tal. Foron tamén recollidas por Martín Sarmiento na rexión de Ourense.

Descrición miniatura|Representación da Cazaría salvaxe en 1872 polo pintor noruegués Peter Nicolai Arbo. Non existe ningunha descrición consensuada sobre o que é a procesión, que varía segundo o informante. De todos os xeitos, o fenómeno, descrito por aquel que o viu ou comunicado por outros, é sempre unha realización particular: cada visión é unha recreación e en cada localidade vai evolucionar segundo as diferenzas socio-culturaís do grupo onde está vixente. Máis alá da multitude das descricións individuais, convén distinguir elementos sobre varios rexistros. No relato, hai elementos da vida material que cada un pode recoñecer como unha realidade da súa vida cotiá (os lugares da parroquia, a igrexa, as casas, a fonte etc.), elementos que teñen unha realidade mental (as ánimas, os defuntos etc.) así como elementos ficticios que só serven de decoración (o ambiente nocturno, as luces opacas, os murmurios inintelixibles, os corpos brancos e pálidos etc.). Dentro dos elementos que teñen realidade mental pódense distinguir naquelas ánimas da procesión que son de xente coñecida, vivos ou mortos, daqueles que son figuras sen relación cos veciños.