Corea do Sur, oficialmente República de Corea (RDC), é un país do leste asiático. Constitúe a parte meridional da Península de Corea e linda coa Corea do Norte ao longo da zona desmilitarizada de Corea, co mar Amarelo ao oeste e o mar do Xapón ao leste. Igual que Corea do Norte, Corea do Sur afirma ser o único goberno lexítimo de toda a península e illas adxacentes. Conta cunha poboación de máis de 51 millóns de habitantes, dos cales a metade reside na Área Metropolitana de Seúl, a novena área metropolitana máis poboada do mundo: outras cidades importantes inclúen Busan, Daegu e Incheon.Tijdschrift voor economische en sociale geografie 100, 277 (2009), Table 4

Corea estivo habitada dende o período do paleolítico inferior e a súa civilización comezou coa fundación do Gojoseon. Despois da unificación dos Tres reinos de Corea en 668, seguiu un milenio de relativa tranquilidade baixo dinastías que duraron séculos, e por un florecemento do comercio, a cultura, a literatura e a ciencia. Foi anexionada polo Imperio do Xapón en 1910, e despois da súa derrota en 1945, Corea foi dividida nas zonas de ocupación da Unión Soviética e os Estados Unidos, converténdose a última na República de Corea en 1948. Malia que as Nacións Unidas declararon nunha resolución que a República era o único goberno lexítimo de Corea, un réxime comunista estableceuse no Norte, que invadiu o Sur en 1950 e comportou á Guerra de Corea, que rematou de facto en 1953.

Entre 1962 e 1994, o tigre económico de Corea do Sur medrou un 10% anual, alimentado por un crecemento anual das exportacións do 20%, nun período chamado Milagre do Río Han que transformou o país nunha economía avanzada e de altos ingresos e na onceava maior do mundo en 1995. Na actualidade, Corea do Sur é o oitavo país en comercio internacional,韓 세계무역 점유율 순위 외환위기 이후 첫 하락 unha potencia rexional co décimo maior gasto en defensa militar e membro fundador do G20 e da Cooperación Económica Asia-Pacífico. Dende a caída do goberno militar en 1987, os surcoreanos gozan de amplas liberdades civís e dunha asentada democracia clasificada no segundo posto en Asia segundo o Índice de democracia.http://www.eiu.com/Handlers/WhitepaperHandler.ashx?fi=Democracy_Index_2013_WEB-2.pdf&mode=wp&campaignid=Democracy0814 No 2009, Corea do Sur converteuse no primeiro país do mundo antigo receptor de axuda exterior en unirse ó Comité de Axuda ó Desenvolvemento da OCDE, sendo un dos grandes doantes. A súa cultura popular ten unha considerable influencia en Asia e está a estenderse globalmente nun proceso chamado a Onda coreana.South Korea's K-pop craze lures fans and makes profits

Corea do Sur é un país desenvolvido, clasificado no posto 15 no Índice de Desenvolvemento Humano, o máis alto de Asia oriental. En termos de salario medio, ten a taxa máis alta de Asia e a décima do mundo.Where are you on the global pay scale? , BBC Posúe indicadores altos en educación, saúde, xustiza e goberno, facilidade de crear negocios, transparencia do goberno, seguridade no traballo, tolerancia e inclusión. O 64% dos surcoreanos entre 25 e 34 anos ten un título de educación terciaria, o máis alto da OCDE. Destina o 3,74% do seu PIB en investigación e desenvolvemento, o segundo máis alto do mundo. O país máis innovador do mundo segundo Bloomberg Innovation Quotient,http://www.bloomberg.com/slideshow/2014-01-22/30-most-innovative-countries.html#slide32 é o sétimo exportador mundial, con multinacionais de alta como Samsung, Hyundai-Kia e LG. É o líder global de tecnoloxías avanzadas, coa máis alta velocidade de conexión a Internet, no primeiro posto do Índice ICT de desenvolvemento, e-Government e penetración de 4G LTE, e o segundo con maior penetración do teléfono intelixente.

Etimoloxía Corea do Sur é chamada en coreano Daehan Minguk, 대한민국, cuxos caracteres significan: grande, 大; Han, nome chinés para Corea, hanja=韓 e pobo ou nación, 民國, literalmente O gran pobo de Han ou A gran nación de Han.

Na súa forma curta, Hanguk, 한국, "País de Han", é empregado para referirse a Corea coma un todo ou tamén Namhan, 남한, "A nación do sur", para referirse a Corea do Sur especificamente. Os norcoreanos refírense ó seu veciño do sur como Namchosŏn, 남조선, literalmente "Joseon do Sur"). O nome Han data das antigas Confederacións Samhan da era dos tres antigos reinos de Corea. En galego, así coma na maioría das linguas occidentais, a nación é a miúdo referida como Corea. Esta verba deriva da dinastía Goryeo, a cal adoptou o seu nome en referencia ó aínda máis antigo Reino de Koguryŏ.

Historia Antes da división

Os primeiros restos humanos atopados en Corea datan de arredor de 500.000 anos. De acordo coa tradición, no ano -2333, Tangun (tamén chamado Dangun) fundou o reino de Joseon (a miúdo coñecido como "Gojoseon" para evitar a confusión coa dinastía do século XIV do mesmo nome; o prefixo go significa "vello" ou "anterior"). Despois de numerosas guerras, este reino desintegrouse.

miniatura|Jikji, o primeiro libro impreso nunha imprenta con móbiles metálicos, en 1377, 62 anos antes da Imprenta de Gutenberg.

A antiga Corea pasou a acoller unha serie de cidades-estado en constantes guerras, que aparecían e desaparecían de xeito constante. Porén, tres reinos, Baekje, Koguryŏ e Silla fixéronse fortes e entre os tres dominaron a escena histórica de Corea por máis de douscentos anos, no período coñecido como dos Tres reinos de Corea. No ano 676, Silla logrou unificar case todo o territorio coreano, agás o reino de Balhae. O dominio destes dous reinos sobre todo Corea e parte de Manchuria deu orixe ó Período dos Estados Norte e Sur.

Trala súa decadencia, en 918 o xeneral Wang Geon fundou o reino de Goryeo (ou Koryŏ, de onde provén o nome de Corea). No século XIII, a invasión dos mongois debilitou Goryeo: despois de case trinta anos de guerra, o reino conservou o dominio sobre todo o territorio de Corea, aínda que na realidade só era un tributario máis dos mongois. Coa caída do Imperio Mongol, sucedéronse unha serie de loitas políticas, e trala rebelión do xeneral Yi Seong-gye en 1388, a dinastía Goryeo foi substituída pola dinastía Joseon.

miniatura|esquerda|O palacio de Gyeongbok é o meirande dos cinco grandes palacios construídos durante a dinastía Joseon.

Entre 1592 e 1598, os xaponeses invadiron Corea, despois de que os Joseon se negasen a brindarlle paso seguro ó exército xaponés, liderados por Toyotomi Hideyoshi, na súa campaña para a conquista de China. A guerra rematou cando os xaponeses se retiraron despois da morte de Hideyoshi. É nesta guerra onde se dá o xurdimento como heroe nacional do almirante Yi Sun-Sin e a popularización do famoso "Barco Tartaruga".Hawley, páx. 192

No século XVII, Corea foi finalmente derrotada polos manchús e uniuse ó Imperio Qing. Durante o século XIX, grazas a súa política isolacionista, Corea gañou o nome de "Reino ermitán". A dinastía Joseon tratou de protexerse contra o imperialismo occidental, pero foron obrigados a abrir as súas portas ó comercio. Despois das guerras sino-xaponesas e da guerra ruso-xaponesa, Corea quedou baixo o dominio colonial xaponés (1910-1945). Ó final da segunda guerra mundial, os xaponeses rendéronse ante as forzas soviéticas e estadounidenses, que ocuparon as metades norte e sur de Corea, respectivamente.

Despois da división

En 1948, como consecuencia da división da península entre os soviéticos e os estadounidenses, xurdiron dúas novas entidades: Corea do Norte e Corea do Sur. No norte, un guerrilleiro antixaponés e activista comunista, Kim Il-sung, obtivo o poder a través do apoio soviético, e no sur, un líder político exiliado de dereita, Syngman Rhee, foi nomeado presidente.

miniatura|Seúl.

O 25 de xuño de 1950, Corea do Norte invadiu a Corea do Sur coa acción militar que desencadeou a Guerra de Corea. Naquel intre, o delegado da Unión Soviética no Consello de Seguridade da ONU estivo ausente como protesta pola negativa de admitir á República Popular da China dentro do organismo. Isto permitiu ás Nacións Unidas, lideradas polo exército estadounidense, a intervir para frear a invasión. Pola súa parte, a Unión Soviética e a China decidiron apoiar a Corea do Norte, enviando efectivos e provisións ás súas tropas. Despois das perdas masivas de civís norcoreanos e surcoreanos, a guerra chegou a un punto morto. O armisticio de 1953 dividiu a península ó longo da zona desmilitarizada de Corea, preto da liña de demarcación orixinal. Ningún tratado de paz foi asinado, polo que tecnicamente os dous países continuaron en guerra. Polo menos 2,5 millóns de persoas morreron durante o conflito.

En 1960, un movemento estudantil levou á renuncia do presidente Syngman Rhee. A este evento seguiulle un período de inestabilidade política, que un ano máis tarde finalizaría co golpe de estado realizado polo xeneral Park Chung-hee (o "5-16 coup d' état"). Park foi duramente criticado como un ditador desapiadado e pola represión política que existiu durante o seu mandato. Porén, fixo que a economía surcoreana se desenvolvese de xeito significativo, xa que alentou o rápido crecemento económico impulsando as exportacións. Park foi presidente ata o seu asasinato, ocorrido en 1979.

Os anos que seguiron ó asasinato de Park estiveron marcados novamente pola axitación política, xa que os líderes da oposición anteriormente reprimida realizaron múltiples intentos para acceder á presidencia. En 1980, realizouse outro golpe de estado, desta volta polo xeneral Chun Doo-hwan en contra do goberno transitorio de Choi Gyuha, quen ocupaba o cargo de primeiro ministro durante o mandato de Park. O feito de que Chun asumise a presidencia desencadeou protestas a nivel nacional esixindo democracia e legalidade nas eleccións.

Chun e o seu goberno mantiveron a Corea baixo un réxime despótico ata 1987, cando as manifestacións de traballadores e de grupos opositores estouraron por todo o país. Ó cabo, o partido político de Chun, o Partido Democrático de Xustiza, e o seu líder, Roh Tae-woo, deron a coñecer a Declaración do 29 de xuño, que incluía o chamamento a eleccións directas para elixir un novo presidente. Roh gañou as eleccións por unha estreita marxe contra os dous dirixentes dos principais partidos de oposición, Kim Dae-Jung e Kim Young-Sam.

miniatura|esquerda|A cidade de Seúl experimentou un rápido crecemento urbano durante as décadas de 1980 e 1990.

En 1988, Seúl organizou satisfactoriamente os Xogos Olímpicos de verán de 1988, e en 1996 continuouse co desenvolvemento económico que levou ó ingreso do país na Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Coma a maioría dos seus veciños asiáticos, a economía nacional viuse afectada pola crise financeira asiática de 1997, mais foi quen de recuperarse e continuar o seu crecemento económico.

En xuño de 2000, como parte da "Política solleira" do presidente Kim Dae-Jung, celebrouse o Encontro Intercoreana, o cal tivo lugar en Pionyang, a capital de Corea do Norte. Máis tarde, ese mesmo ano, Kim recibiu o Premio Nobel da Paz "polo seu traballo para a democracia e os dereitos humanos en Corea do Sur e no leste asiático en xeral e para a paz e a reconciliación con Corea do Norte en particular." En 2002, Corea do Sur e o Xapón foron os anfitrións da Copa Mundial de Fútbol de 2002, mais as relacións entre ambas nacións deterioráronse debido ao conflito sobre a posesión das Rochas de Liancourt (Dokdo en coreano).

En decembro de 2012, a "Comisión Electoral Nacional" outorgou a Park Geun-hye o 51,6% dos sufraxios, fronte ó 48% do seu rival, Moon Jae-in. Park, filla do ditador Park Chung-hee, fixo historia ó converterse na primeira muller presidenta de Corea do Sur.

Política