Fermín Bouza Álvarez, nado en Santiago de Compostela o 5 de marzo de 1946 e finado en Madrid o 29 de outubro de 2016, foi un sociólogo e escritor galego.
Traxectoria Fillo do intelectual Fermín Bouza-Brey. Licenciado en Filosofía e en Psicoloxía. En xaneiro de 1969 foise a vivir a Madrid. Foi catedrático de Socioloxía, especializado en Opinión Pública, que exerceu na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.
Fóra do ámbito universitario, mantiña un blog en lingua castelá no que adoito comentaba a situación política tanto galega como española, facendo fincapé nos temas de lingua e mantendo posturas marcadamente galeguistas.
Obra en galego dereita|miniatura|200px
Narrativa Memoria do Diaño, 1980, Edicións do Rueiro (novela). Longo voo de paxaro, 1987, Xerais (novela).
Poesía O tempo na auga, 1985, Xerais. Labirinto de inverno, 1990, Sotelo Blanco.
Obras colectivas Comercial. Poesía galega en Madrid, 1998, Edicións Río Xuvia. A poesia é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia/Editorial Danú. Edición bilingüe galego-inglés. 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento. Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia. Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2012, Amargord. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Obra en castelán Narrativa Las bodas secretas de Lilia, Editorial Debate.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Bitácora de Fermín Bouza Análise da situación lingüística en Galiza, nova e vídeo no diario dixital Vieiros.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid