Nerja é un municipio e cidade da provincia de Málaga (Andalucía) e o pobo máis oriental da comarca da Axarquía. É un destino turístico pertencente á Costa do Sol. Ten unha poboación oficial de máis de 22.000 habitantes. Case un terzo dos residentes son estranxeiros, predominantemente ingleses.
Situación Limita: ao norte co municipio de Cómpeta, ao leste co municipio granadino de Almuñécar, ao sur co mar Mediterráneo, ao oeste co municipio de Torrox, e ao noroeste co municipio de Frigiliana.
Está situado a uns 52 km ao leste da cidade de Málaga, e queda a dúas horas por estrada de Granada e da estación de esquí de Serra Nevada.
En Nerja atópase a entidade local menor de Maro.
Historia miniatura|300px|esquerda|Acueduto da Aguia. Nerja ten historia longa probada polas pinturas atopadas na famosa Cova de Nerja descuberta en 1959 e hoxe en día é o sitio turístico español máis visitado tras o Museo do Prado de Madrid e a Alhambra de Granada. Baixo o reino musulmán, o nome era Narixa, que significa «fonte abundante» e que é a orixe do nome actual.
miniatura|250px|Vista do Balcón de Europa. No centro do pobo está o Balcón de Europa, un miradoiro que regala vistas impoñentes do mar aos seus hóspedes. O nome de "Balcón de Europa" foi proposto polo Rei Afonso XII, que visitou a zona en 1885 logo dun sismo desastroso e que quedou cativado polo escenario.
Atraccións turísticas Nerja ten varias praias, entre as que cabe destacar as de Burriana, Calahonda, El Salón, La Torrecilla e El Playazo. Esta última conta cunha contorna que aínda non sufriu as consecuencias da urbanización descontrolada do litoral malagueño.
Nerja posúe un clima suave todo o ano, que permite o cultivo de froitos subtropicais como a chirimoia ou o aguacate.
En Nerja gravouse durante 1979 e 1980 a famosa serie de televisión Verano azul e naceron a cantante e actriz Nuria Fergó, e a actriz da serie Yo soy Bea, Ruth Núñez.
Natureza Parque Natural de Serra Tejeda, Alhama e Almijara Paraxe Natural de los Acantilados de Maro
Imaxes
Cidades irmandadas Pescia, San Juan,
Categoría:Cidades de Andalucía Categoría:Concellos da provincia de Málaga