O efecto Tetris prodúcese cando unha persoa lle dedica tempo e atencións exaxeradas a unha actividade até tal punto que esta actividade comeza a eclipsar os seus pensamentos, imaxes mentais e soños. Recibe o nome a partir do coñecido videoxogo, Tetris. Neste xogo débense rotar e mover diferentes pezas, denominadas tetrominós, que van caendo sobre a base da pantalla e formar bloques con eles de tal maneira que se creen liñas horizontais sen buratos polo medio. Cando isto se consegue a liña é eliminada. O obxectivo é facer o maior número posíbel de liñas antes de que a pantalla se encha rematando o xogo.

A xente que xoga ao Tetris durante un período prolongado de tempo poden encontrarse a si mesmas pensando nas diferentes maneiras en que na vida real se poden colocar as cousas, por exemplo as caixas dos andeis dos supermercados ou os edificios das rúas.Earling, A. (1996, March 21-28). The Tetris Effect: Do computer games fry your brain? en Philadelphia City Paper Neste sentido, o efecto Tetris é unha forma de hábito. Entre as persoas que sofren o efecto Tetris tamén se pode dar a visión de imaxes de formas de Tetris nas marxes do seu campo de visión ou cando fechan os ollos, sendo neste sentido un tipo de alucinación. Mais o efecto Tetris tamén se pode presentar na forma de alucinación hipnogónica, cando esas persoas continúan a xogar partidas de Tetris en soños.Stickgold, R., Malia, A., Maguire, D., Roddenberry, D., & O'Connor, M. (2000). Replaying the game: Hypnagogic images in normals and amnesics. Science 290: 350-353. (free abstract)

Outros exemplos O efecto Tetris non só se produce co xogo que lle dá nome, senón que é tamén común con outros videoxogos,Terdiman, D. (January 11, 2005). Real World Doesn't Use a Joystick Wired con calquera tarefa visual prolongada (clasificar células, recoller froita, conducir longas distancias, xogar ao xadrez etc.), e tamén con outras modalidades sensoriais repetitivas, como por exemplo unha peza musical pegadiza que é espontaneamente repetida mentalemente (un earworm), ou aquelas persoas que logo dun longo período embarcados, ao aterrar, móvense inconscientemente reproducindo o balanceo do barco. Os programadores e informáticos teñen ás veces experiencias semellantes informando de ter soñado sobre códigos durante a noite e regresar ao traballo ao día seguinte. Cousas parecidas teñen padecido usuarios de xogos musicais coma Dance Dance Revolution, Rock Band ou Guitar Hero. E o mesmo podería decirse doutros xogos coma Polarium ou xogos de disparar sobre brancos.

Lugar na memoria Stickgold et al. (2000) propuxeron que a parte de memoria usada ao xogar ao Tetris é unha forma separada de memoria, intimamente relacionada coa memoria procedemental. Isto derivaríase das súas investigacións que demostraban que a xente con amnesia anterógrada, informaban soñar con formas caendo logo de ter xogado ao Tetris durante o día, a pesar de non seren capaces de recordar en absoluto ter xogado ese día. Un estudo recente de Oxford (2009), dirixido pola Dr. Emily Holmes, suxire a idea de que videogos do estilo do Tetris poderían axudar a previr o desenvolvemento de recordos traumáticos. Se o tratamento con videoxogo é feito pouco despois do evento traumático, a preocupación coas pezas do Tetris abonda para impedir que se repitan no cerebro a sucesión destas imaxes traumáticas diminuíndo deste xeito a exactitude, intensidade e frecuencia dos recordos traumáticos.Holmes EA, James EL, Coode-Bate T, Deeprose C, (2009), "Can Playing the Computer Game "Tetris" Reduce the Build-Up of Flashbacks for Trauma? A Proposal from Cognitive Science.", PLoS ONE 4 (1): e4153, doi:10.1371/journal.pone.0004153Tetris Helps: http://news.bbc.co.uk/2/hi/health/7813637.stm

Historia do termo Segundo Earling (1996),, unha das primeiras referencias ao termo é a que fai Garth Kidd en febreiro de 1996,Kidd, G. (1996). Possible future risk of virtual reality. The RISKS Digest: Forum on Risks to the Public in Computers and Related Systems 17(78) o autor describiuno como imaxes posteriores ao xogo durante días despois e unha tendencia a identificar todo composto de catro cadrados e tentando determinar "onde encaixa". Kidd atribuía a orixe do termo a xogadores de PC de Adelaide, Australia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Earworm Memoria Tetris

Ligazóns externas This Is Your Brain on Tetris — Wired magazine, maio de 1994 Tetris dreams - magazine Scientific American, outubro de 2000 Game Boy (comic) - The Perry Bible Fellowship.

Categoría:Videoxogos Categoría:Memoria Categoría:Psicoloxía