A arte antiga ou arte da antigüidade é a arte da Idade Antiga. A historia da arte antiga é a división da historia da arte que se centra no seu estudo e interpretación formal, técnica, estrutural, e ideolóxica (iconográfica, iconolóxica) e na súa explicación histórica; aínda que a arqueoloxía é a ciencia histórica cuxo obxecto é a cultura material da que as obras de arte son a manifestación máis valiosa, e é a encargada do seu descubrimento e análise contextual.

A súa delimitación cronolóxica vai dende o comezo da Historia (aproximadamente o IV milenio no Próximo Oriente e Exipto) ata a caída do Imperio Romano de Occidente (século V). A extensión xeográfica do desenvolvemento das primeiras civilizacións —definidas pola aparición da escritura e o poder político e relixioso— impón onde poden localizarse (civilizacións mediterráneas, da India, do Extremo Oriente, da América precolombiana e do resto de Europa e de África) e cando pode falarse en cada unha dun período histórico (Historia) ou dun período prehistórico (Prehistoria), que determinaría que a súa produción artística fose obxecto da historia da arte prehistórica; aínda que realmente a metodoloxía para o seu estudo é en gran parte común, hai unha diferenza fundamental, e é a posibilidade de empregar as fontes escritas para os períodos históricos. Este recurso é insubstituíble, posto que non só permite a identificación no seu caso dos autores ou patrocinadores da obra artística e reconstruír o contexto no que se produciu, senón que posibilita a interpretación da Arte na súa relación coa produción intelectual noutros ámbitos do pensamento, sobre todo a relixión e a filosofía. Deste xeito pódese efectuar unha lectura da arte que a entenda a través da visión do mundo (Weltanschauung) ou ideoloxía dominante en épocas e lugares tan afastados a nós como as civilizacións da Idade Antiga, e do que a Arte é a plasmación material e visual.

Ao contrario que a civilización occidental, as civilizacións africanas, extremo-orientais e americanas non experimentaron a marcada descontinuidade que a arte occidental presenta entre a arte antiga e a arte medieval; co que este último concepto non adoita aplicarse a estas civilizacións.

Tamén existe un concepto comercial e coleccionista da arte antiga, entendido como antigüidades; é dicir, como o termo empregado para englobar todo tipo de obxectos artísticos que non se consideran Arte moderna, pertenzan á Idade Antiga ou a períodos posteriores (arte medieval, arte da Idade Moderna e ata boa parte da arte contemporánea se esta non se entende só como o máis actual senón como todo a arte da Idade Contemporánea —dende mediados do século XVIII).

(Á dereita, Torso do Belvedere, obra de Apolonio de Atenas do século I).

Consideración social da arte na Antigüidade miniatura|350px|Venus Anadiómena (o seu nacemento saíndo do mar, o que esixe o seu espido), fresco pompeiano que reproduce a composición atribuída a Apeles (finais do século IV), apreciadísima na Antigüidade (Augusto pagou a extraordinaria cantidade de cen talentos á cidade de Cos para levala a Roma)Álvarez y Pita, op. cit., pg. 41 e que seguirá imitándose con distintas versións e contextos no renacemento (Nacemento de Venus de Botticelli, distintas Venus de Tiziano), o barroco (Velázquez) e posteriormente O concepto de arte na Antigüidade non acadara en ningunha civilización a consideración social de belas artes que conseguiu na cultura occidental a partir do Renacemento. Pintura, escultura e arquitectura (as artes visuais) eran equivalentes ás diferentes artesanías, habilidades ou técnicas manuais (ars no latín, tekné no grego) que non gozaban de prestixio social en ningunha das distintas formacións económico sociais das primeiras civilizacións (modo de produción primitivo, modo de produción asiático ou despotismo hidráulico e modo de produción escravista). Durante o período clásico de Grecia, si que houbo artistas destacados relacionados cos políticos e intelectuais, ou o eran eles mesmos (como Fidias); pero tal cousa sucedeu máis como excepción que como regra, e ata actuou máis como mitificación que como unha valoración do artista concreto (o caso de Apeles).

Funcións da arte na Antigüidade A función da arte e a valoración dos obxectos que hoxe considéranse unha obra de arte, non tiñan a mesma consideración nas civilizacións da Idade Antiga: os pequenos obxectos cotiáns que hoxe exhíbense nos museos (dende pesos de fusos para fiar ata xoias) serían apreciados pola súa función ou polo valor intrínseco do seu material tanto ou máis que por cuestións formais;Umberto Eco, op. cit. , pg. 10: pola contra, as grandes estatuas exipcias ou as estelas sumerias tiñan funcións relixiosas —vida eterna— e de presenza política —exercicio do poder e memoria histórica—, identificadas co deus ou o rei —que podía ser obxecto ata dunha damnatio memoriae, borrando o seu nome e substituíndo os seus trazos polos do rei rival.

miniatura|350px|Pirámides de Gizeh

A casa, a tumba, o templo ou o palacio, son contidos arquitectónicos expresados en formas moi diversas polas distintas civilizacións, sometidas aos condicionantes físicos e a dispoñibilidade local de materiais; pero no entanto, as solucións formais atopadas foron moi a miúdo sorprendentemente semellantes (pirámides exipcias, chinesas, mesoamericanas), e os elementos arquitectónicos elixidos de entre un elenco non ilimitado (cubertas, muros, vans, columnas, alicerces, linteis, arcos, bóvedas). Sempre, e en todo caso, con trazos de validez practicamente universal: a obrigación de que o edificio permita satisfacer necesidades materiais e imaxinadas de persoas e institucións (axentes sociais e políticos que son suxeitos históricos), ademais de ser vehículo dunha creación. Só dende ese punto de vista pode entenderse que a mobilización necesaria para erguer as Pirámides de Gizeh era en si mesma xustificativa da súa existencia como proxecto ideolóxico dunha sociedade enteira.

miniatura|350px|Pont du Gard, ponte e acueduto romano na Galia Transalpina (actual Provenza, Francia)

Idénticas funcións tiña a arte nas culturas prehistóricas simultáneas ás primeiras civilizacións do Próximo Oriente Antigo, coas que de feito mantiñan relación, en toda a Conca do Mediterráneo e ata a Europa central: obxectos como o disco celeste de Nebra, recuperado por románticos procedementos e estudado pola arqueoloxía, eran na época II milenio) útiles tecnolóxicos, valiosos pola súa función real e pola súa función simbólica, non por cuestións relativas á estética, malia ser indubidablemente fermosos. O mesmo podería dicirse dos monumentos megalíticos como Stonehenge, un verdadeiro observatorio astronómico que ao tempo servía de calendario solar-lunar, ou o mecanismo de Anticitera, un enigmático obxecto de bronce con engrenaxes datado no século I. Outros son de moi discutida función, como as preincaicas liñas de Nazca. Na civilización romana, a función utilitaria e a durabilidade de acuedutos e pontes sen dúbida prevalecía sobre calquera consideración estética, aínda que tamén servisen de vehículo para expresalas.

Elementos arquitectónicos gregos, coloreados tal como o estarían.|miniatura|230px

A idea de beleza na Arte antiga Noutras ocasións, a imaxe que se ten do sublime da arte antiga ten pouco que ver co que vían os seus contemporáneos: a brancura do mármore de templos e esculturas gregas, estaba sempre cuberta de pintura en vivas cores, posto que sen ela considerábanos inexpresivos e inacabados. Tamén hai que considerar que a maior parte desas esculturas gregas coñécense por copias industrializadas feitas en época romana con criterios arqueolóxicos, culturais ou turísticos, máis próximos á nosa concepción da beleza.Der kunst des griechen, audiovisual didáctico. Versión castelá de Crest Films: (2002) Grandes Épocas del Arte: 1. La Grecia Clásica, nº de expediente ICCA 73.886.

miniatura|230px|Marsias esfolado por Apolo en castigo por telo desafiado (ou quizais en vinganza por telo vencido) nunha competición musical; un tema moi axeitado ás reflexións gregas sobre a capacidade humana de equipararse aos deuses mediante a habilidade ou a arte, que doadamente desemboca no exceso pecaminoso da hybris ou orgullo desmesurado. É copia romana dunha escultura helenística que se recrea na dor da tortura dun home vello e feo, nun estiramento anatómico moi estudado pola arte académica, e que considérase precedente das representacións do Cristo crucificado tan habituais na arte occidental a partir da Idade Media. A idea do belo non foi nunca constante;Umberto Eco, op. cit. nin sequera nun período de estabilidade tan prolongada na repetición de formas estereotipadas como foi a arte exipcia, que presentou unha descontinuidade radical como foi o período de Tell el Amarna (vencellado ás reformas relixiosas de Amenofis IV-Akenatón. Tampouco presenta características locais inconfundibles: a maneira exipcia de representar as figuras é semellante á da Grecia arcaica; do mesmo xeito que as formas fantásticas que se viñeron en chamar estilo orientalizante. Tomando como exemplo o caso paradigmático da arte grega, a evolución dos períodos arcaico, clásico e helenístico foi comparada a outros momentos de evolución pendular na Historia da arte, que Eugenio D'Ors interpretaba como alternancia entre clasicismo e barroco:

Innovacións e evolución na arte antiga

A historia da arte como esforzo continuado de transmisión e tradición directa de mestre a discípulo, dunha xeración a outra, vencella a arte do noso tempo cá do val do Nilo de fai cinco mil anos, pois nós aprendemos dos gregos e estes aprenderon dos exipcios.Gombrich, op. cit., pg. 55

A evolución e innovacións na arte das civilizacións antigas é consecuencia do traballo de procura de innumerables artistas que ao elaborar novas solucións formais foron conformando avances e mudanzas na arte do seu tempo.

Na aspiración dos exipcios á eternidade, debía ser de suma importancia a construción das súas tumbas para asegurarse a perennidade.Leclant, op. cit., pg. 59 Cara ao 2.700 a. C. realizáronse importantes progresos arquitectónicos nas tumbas reais pero aínda seguíase edificando en adobe. En tempos de Djoser (segundo faraón da Terceira Dinastía), construíuse en Saqqarah a primeira pirámide graduada, grandiosa realización debida á inventiva do arquitecto Imhotep, tamén primeiro ministro e sumo sacerdote. Segundo conta Manetón, Imhotep foi o inventor da construción con perpiaños de pedra. A pirámide graduada non foi concibida dunha vez. Despois de dúas ampliacións para abranguer pozos e galerías soterradas, tiña unha forma trapezoidal duns oito metros de altura. Imhotep tivo entón a idea de elevar cara ao ceo, onde reinaba o deus Sol, unha grande escaleira que permitise ao faraón despois da súa morte elevarse cara á morada dos inmortais. Inventara o xénero da pirámide. Inicialmente tivo catro grandes chanzos cunha altura de 42 metros. Despois unha nova ampliación elevou os chanzos a 6 e a altura total a 60 metros.Leclant, op. cit., pg. 63-64 En tempos de Snefru, fundador da cuarta dinastía, modificouse a poderosa arquitectura graduada ascendente, establecendo a nova orientación da arquitectura monumental funeraria exipcia: a Pirámide de Meidum.Leclant, op. cit., pg. 79