miniatura|Pedra de Rosetta, singularísimo obxecto descuberto en 1799 e cuxo estudo permitiu o comezo do desciframento dos xeroglíficos exipcios, o que abriu o camiño a unha historia antiga desde novos supostos metodolóxicos. A Idade Antiga é a época histórica que coincide co xurdimento e desenvolvemento das primeiras civilizacións ou civilizacións antigas.
O concepto máis tradicional de historia antiga presta atención ao descubrimento da escrita, que convencionalmente a historiografía considerou o fito que permite marcar o final da Prehistoria e o comezo da Historia, dada a primacía que outorgan ás fontes escritas fronte á cultura material, que estuda co seu propio método a arqueoloxía. Outras orientacións procuran atender ao sistema social ou o nivel técnico. Recentemente, os estudos de xenética de poboacións baseados en distintas técnicas de análises comparativos de ADN e os estudos de antropoloxía lingüística están chegando a reconstruír dun xeito cada vez máis preciso as migracións antigas e a súa herdanza nas poboacións actuais.Un dos principais autores é Luigi Luca Cavalli-Sforza. A divulgación das conclusións de cada un dos estudos adoita dar problemas, ao presentarse con titulares xornalísticos sensacionalistas:La patria se lleva en los genes. Un grupo de investigadores descubre la asombrosa coincidencia del mapa de mutaciones y el geográfico de Europa, El País, 26/11/2008; abusos contra los que suelen advertir los propios genetistas: No hay razas. Desde el punto de vista de la genética, sólo vemos gradientes geográficos (Lluis Quintana-Murci, do Instituto Pasteur de París, citado por Gary Stix Huellas de un pasado lejano, en Investigación y Ciencia, setembro 2008, ISSN 0210136X pax. 19).
Sexa cal for o criterio empregado, coincide que en tempo e lugar uns e outros procesos cristalizaron no comezo da vida urbana (cidades moi superiores en tamaño e diferentes en función ás aldeas neolíticas), a aparición do poder político (palacios, reis), das relixións organizadas (templos, sacerdotes), unha complexa estratificación social, esforzos colectivos de grande envergadura que esixen prestacións de traballo obrigatorio e impostos, e o comercio de longa distancia (todo o que se veu en chamar Revolución urbana);Termo acuñado por Gordon Childe, op. cit. nivel de desenvolvemento social que por primeira vez se acadou na Sumeria do IV milenio a. C., espazo propicio para a constitución das primeiras cidades-estado competitivas a partir do substrato neolítico que levaba xa catro milenios desenvolvéndose no crecente fértil.Termo acuñado por James Henry Breasted. Albert Clay The so-called Fertile Crescent and Desert Bay A partir delas, e de sucesivos contactos (tanto pacíficos como invasións) de pobos veciños (culturas sedentario-agrícolas ou nómade-gandeiras que se nomean tradicionalmente con termos de validez cuestionada, máis propios de familias lingüísticas que de razas humanas: semitas, camitas, indoeuropeos etc.), fóronse conformando os primeiros estados de grande extensión territorial, ata acadar o tamaño de imperios multinacionais.
Procesos semellantes tiveron lugar en diversos momentos segundo a área xeográfica (sucesivamente Mesopotamia, o val do Nilo, o subcontinente indio, a China, a conca do Mediterráneo, a América precolombiana e o resto de Europa, Asia e África); nalgunhas zonas especialmente illadas, algúns pobos cazadores-recolectores actuais aínda non abandonarían a prehistoria mentres que outros entraron violentamente na idade moderna ou contemporánea da man das colonizacións do século XVI ao XIX.
Os pobos cronoloxicamente contemporáneos da Historia escrita do Mediterráneo oriental poden ser obxecto da Protohistoria, pois as fontes escritas por romanos, gregos, fenicios, hebreos ou exipcios, ademais das fontes arqueolóxicas, permiten facelo.
A Antigüidade clásica localízase no momento de plenitude da civilización grecorromana (século V a.C ao ) ou en sentido amplo, en toda a súa duración (século VIII a.C ao ). Caracterizouse pola definición de innovadores conceptos socio-políticos: os de cidadanía e de liberdade persoal, non para todos, senón para unha minoría sostida polo traballo escravo; a diferenza dos imperios fluviais do Antigo Exipto, Babilonia, India ou China, para os que se definiu a imprecisa categoría de modo de produción asiático, caracterizadas pola existencia dun poder omnímodo na cúspide do imperio e o pago de tributos polas comunidades campesiñas suxeitas a el, pero de condición social libre (pois aínda que exista a escravitude, non representa a forza de traballo principal).Perry Anderson, op. cit.
O final da Idade Antiga na civilización occidental coincide coa caída do Imperio romano de Occidente (no ano 476; o Imperio romano de Oriente sobreviviu toda a Idade Media ata 1453 como Imperio bizantino), aínda que tal descontinuidade non se observa noutras civilizacións. Xa que logo, as divisións posteriores (Idade Media e Idade Moderna) poden considerarse válidos só para aquela; mentres que a maior parte de Asia e África, e con moita máis claridade América, son obxecto na súa historia dunha periodización propia.
Algúns autores culturalistas fan chegar a Antigüidade tardía europea ata os séculos VI e VII, mentres que a escola "mutacionista" francesa esténdea ata algún momento entre os séculos IX e XI. Distintas interpretacións da historia focalízanse en cuestións económicas (transición do modo de produción escravista para o modo de produción feudal, desde a crise do século III); políticas (desaparición do imperio e instalación dos reinos xermánicos desde o século V); ou ideolóxicas, relixiosas (substitución do paganismo politeísta polos monoteísmos teocéntricos: o cristianismo -século IV- e posteriormente o islam -século VII-), filosóficas (filosofía antiga pola medieval) e artísticas (evolución desde a arte antiga -clásica- cara a arte medieval -paleocristiá e prerrománica-).Edward Gibbon, Fustel de Coulanges e Perry Anderson (op. cit.); Henri Pirenne Mahoma e Carlomagno.
As civilizacións da Antigüidade son agrupadas xeograficamente pola historiografía e a arqueoloxía en zonas en que distintos pobos e culturas estiveron especialmente vinculados entre si; aínda que as áreas de influencia de cada unha delas chegaron en moitas ocasións a mesturarse e ir moito máis lonxe, formando imperios de dimensións multicontinentais (o Imperio persa, o de Alexandre Magno e o Imperio romano), talasocracias ('goberno dos mares') ou rutas comerciais e de intercambio de produtos e ideas a longa distancia; aínda que sempre limitadas polo relativo illamento entre elas (obstáculos dos desertos e océanos), que chega a ser radical nalgúns casos (entre o Vello Mundo e o Novo Mundo). A navegación antiga, especialmente a natureza e extensión das expedicións que necesariamente tiveron que realizar as culturas primitivas de Polinesia (polo menos ata a Illa de Pascua), é un asunto aínda polémico. Nalgunhas ocasións recorreuse á arqueoloxía experimental para probar a posibilidade de contactos con América desde o Pacífico. Outros conceptos de aplicación discutida son a prioridade do difusionismo ou do desenvolvemento endóxeno para determinados fenómenos culturais (agricultura, metalurxia, escritura, alfabeto, moeda etc.) e a aplicación do evolucionismo en contextos arqueolóxicos e antropolóxicos. Pobos, culturas e civilizacións na Idade Antiga miniatura|200px|Tableta de arxila sumeria con escritura cuneiforme de finais do III milenio a. C. A innovación da escritura é de tal magnitude para o desenvolvemento da civilización que se identifica coa historia mesma. Próximo Oriente antigo O Antigo Oriente Próximo ou Antigo Oriente é o termo utilizado para denominar as zonas de Asia occidental e nordeste de África onde xurdiron as civilizacións anteriores á civilización clásica grecorromana, e que actualmente se denomina Oriente Próximo ou Oriente Medio. Para a mesma rexión, Vere Gordon Childe acuñou a denominación Crecente Fértil, ao definila como a zona onde xurdiu primeiro a Revolución neolítica (VIII milenio a. C.) e posteriormente a Revolución urbana (IV milenio a. C.). Son os actuais países de Iraq, parte de Irán, parte de Turquía, Siria, Líbano, Israel, os Territorios palestinos, Xordania, Arabia e Exipto. Cronoloxicamente, enténdese como un período que vai desde o inicio das civilizacións históricas en torno ao IV milenio a. C. (nesta zona a aparición da escrita, as cidades e os templos é simultánea á Idade de Bronce) ata a expansión do Imperio aqueménida no século VI a. C.
Mesopotamia antiga
A desembocadura dos ríos Tigris e Éufrates (os dous ríos -pótamos- no medio -meso- dos cales desenvolveuse este espazo de civilización) na Baixa Mesopotamia deu orixe á acumulación de depósitos aluviais na zona de marismas, que vai gañando paulatinamente terreo ao mar fronte á costa en retroceso do Golfo Pérsico (actualmente a máis de cen quilómetros do lugar que ocupaba no IV milenio a. C., e cos dous ríos confluíntes -Shatt al-Arab-). A zona foi propicia (coa condición de manter unha gran capacidade de organización social para o traballo colectivo na construción de obras hidráulicas como canalizacións), regadío e drenaxes, para o desenvolvemento das cidades-estado sumerias (Ur, Uruk, Eridu, Lagash). Estas, en competencia entre si e cos pobos nómades de estepas e desertos circundantes (os do sur e oeste englobados pola historiografía no amplo concepto étnico de semitas e os do leste na zona irania onde se foi formando a civilización elamita), así como cos núcleos que se foron formando máis ao norte (Babilonia) e máis ao norte aínda na Alta Mesopotamia (Nínive); foron desenvolvendo as características constitutivas da civilización (sociedade complexa) e o estado (superestrutura político-ideolóxica): templo, clase sacerdotal e relixión organizada, fronteira, guerra territorial, exército, propaganda, impostos, burocracia, monarquía, construcións como murallas e cigurats; e o trazo que marca o inicio da historia: o rexistro da memoria na escritura.
A dinámica do crecemento territorial levou á formación de imperios, que na súa pretensión de monopolizar o poder, describíanse a si mesmos como un continuo espacial "entre o mar pequeno e o mar grande" (o Golfo Pérsico e o Mediterráneo), en enumeracións máis ou menos fiables de pobos anexionados, destruídos, dispersados, rexeitados, sometidos, tributarios, ou simplemente socios comerciais, aliados ou contactos diplomáticos.
Persia antiga miniatura|200px|Escultura dun animal fantástico. Persépole.
Cordilleiras, mesetas, estepas e desertos caracterizan un difícil medio físico entre o Éufrates ao leste, o Golfo Pérsico ao sur, o Indo ao leste e os Montes Elburz, o Mar Negro e o río Oxus ao norte. No entanto, tamén son a vía terrestre que conecta o Próximo Oriente coa Asia Central e a Asia Meridional (máis dificilmente, sendo máis usada a conexión marítima); e a través desas zonas, en última instancia, co Extremo Oriente. A extensa rexión persa ou irania cumpriría un papel clave na teoría indoeuropea, de debatida validez, que supuña a existencia dun grupo ancestral de pobos das estepas portadores de trazos comúns (lingüísticos, étnicos, culturais e ata de estrutura de pensamento), esencialmente gandeiros (outorgaban un gran valor a vacas, cabalos e cans), de estrutura social patriarcal, xerarquizada e triádica (visible mesmo no seu panteón de deusesVéxase Deidades triplas ou Tríades indoeuropeas e Hipótese trifuncional), que protagonizaron unha xigantesca expansión que incluiría a conquista da India polos arios; a de Europa polos predecesores de gregos, latinos, celtas, xermanos e eslavos; e a de Mesopotamia, Anatolia, Levante e Exipto por medos e persas.
Anatolia e Armenia antigas miniatura|200px|Creseida de prata. Moeda emitida polo rei Creso de Lida (século VI a. C.)