A Illa de Silhouette áchase a 20 km ao noroeste de Mahé en Seychelles. É a terceira illa máis grande de Seychelles. Ten unha área de 20 km² e 135 habitantes. O asentamento principal é La Passe, onde hai un hotel para que os visitantes. O seu nome vénlle dado por Étienne de Silhouette (1709-1767), ministro francés de finanzas baixo o reinado de Lois XV.

Características A illa é montañosa, con cinco picos de máis de 500 metros de altitude; Mont Dauban (740m), Mont-Pot-a-Eau (621m), Gratte Fesse (515m), Mont Corgat (502 m) e Mont Cocos Marrons (500 m). Isto fai que sexa a paisaxe máis agreste das illas.

Desde o século XIX ata 1960 a illa foi posuída pola familia Dauban, de Illa Mauricio, que plantaron árbores froiteiras e palmas de coco. A casa da plantación de Dauban restaurouse recentemente.

A Illa de Silhouette sitúase dentro dun Parque Nacional Marítimo-Terrestre, que se dedica á protección do medio. É un dos lugares máis ricos en biodiversidade do océano Índico occidental con moitas especies endémicas e ameazadas de plantas e do animais.

A illa ten un grande área de bosque primitivo, onde crían os morcegos das Seychelles. É, ademais, unha área importante para as aves e é considerada pola Alianza para a Extinción Cero como un sitio importante para a supervivencia de especies en perigo. O Nature Protection Trust of Seychelles, encargado da conservación nas illas, ten un centro de crianza para tartarugas xigantes de Seychelles e tartarugas xigantes de Arnold. En decembro de 2006, esta última especie foi reintroducida no medio natural.

Na illa circulan distintas historias e lendas, como a de conter antigos sepulcros medievais de mariñeiros árabes (aínda que se dataron en tan só uns 200 anos), ou a de ter enterrado o tesouro do pirata Jean-François Hodoul.

Categoría:Illas das Seychelles