miniatura|Tondo coa familia de Septimio Severo no que aparecen retratados Severo, a súa dona Xulia Domna, os seus fillos Caracalla, e Xeta, cuxa face foi borrada pola súa damnatio memoriae ordenada polo seu irmán e asasino Caracalla. Damnatio memoriae é unha locución latina que significa literalmente "condena da memoria". Era unha práctica habitual na Antiga Roma, consistente, coma o seu propio nome indica, en condenar a lembranza dun inimigo do estado trala súa morte. Cando o senado romano decretaba oficialmente a damnatio memoriae, procedíase a eliminar todo canto lembrase ao condenado: imaxes, monumentos, inscricións, e incluso chegábase á prohibición de usar o seu nome. Moitos emperadores víronse tamén afectados por esta práctica, como se amosa a continuación.

Emperadores romanos condenados Calígula Nerón Domiciano Cómodo Clodio Albino Xeta Macrino Alexandre Severo Maximino Gordiano III Filipo o Árabe Decio Emiliano Galieno Aureliano Probo Caro Carino Numeriano Diocleciano Maximiano Galerio Severo II Maximino Daia Maxencio Licinio Constantino II Constante Magnencio Magno Máximo

miniatura|Lucio Elio Sexano foi condenado a damnatio memoriae despois de conspirar contra Tiberio no ano 31; como consecuencia, as súas estatuas foron esnaquizadas e o seu nome foi borrado de todos os rexistros públicos. Esta moeda de Augusta Bilbilis, acuñada para conmemorar o consulado de Sexano, ten raspadas as palabras L. Aelio Seiano

Fontes clásicas Institucións 3, 1, 5; 4, 18, 3. Dixesto 24, 1, 32, 7; 28, 3, 6, 11; 31, 76, 9. Codex Iustinianus 9, 8, 6.

Véxase tamén

Outros artigos

Memoria histórica Ren (mitoloxía) (usos semellantes na civilización exipcia)

Categoría:Locucións latinas Categoría:Dereito romano Categoría:Goberno da Roma antiga