O Holoceno (do grego ὅλος hólos, "todo", "enteiro" e καινός kainós, "novo", "recente", isto é, "a era totalmente recente"), é unha época da escala temporal xeolóxica, a última e actual época xeolóxica do período cuaternario. Comprende os últimos 11 700 anos da historia do noso planeta,Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.International Stratigraphic Chart, 2008 desde a fin da última glaciación (a glaciación de Würm).
É un período interglaciar no que a temperatura se fixo máis suave e a capa de xeo fundiu, o que provocou un ascenso do nivel do mar, que fixo que, por exemplo, Indonesia, Xapón e Taiwán se separasen de Asia; Gran Bretaña, da Europa continental e Nova Guinea e Tasmania, de Australia. Ademais, produciu a formación do estreito de Bering.
Dentro do cadro da escala dos tempos xeolóxicos sitúase no período cuaternario da era cenozoica, do eón fanerozoico, sucedendo a época do plistoceno. O límite con esta época (o plistoceno) definiuse sobre a base da desintegración do 14C (un isótopo radioactivo do carbono) e coincide aproximadamente co final da última glaciación. Por convención, o límite púxose 10 000 anos antes do 1950 (a súa duración, expresada en millóns de anos, é de 0,01143 ± 0,00013 Ma.
A única especie humana que viviu nesta época foi o Homo sapiens, que durante estes últimos milenios desenvolveu a agricultura e a civilización, ocasionando importantes cambios nos ecosistemas. miniatura|300px|Agricultura no Antigo Exipto, hai 3 200 anos.
Paleoxeografía
A deriva continental ao longo destes case 12 000 anos foi de menos de 1 km, o que é case irrelevante. Porén, o xeo fundiuse causando que o nivel do mar ascendese uns 35 m durante esta época e 120 m desde o último máximo glaciar, hai ao redor de 20 000 anos.Yokoyama, Y. (2000): Timing of the Last Glacial Maximum from observed sea-level minima, Nature 406: 713-716. O aumento do nivel non se produciu de forma uniforme ao longo deste tempo, senón que houbo varios períodos de rápido desxeo, alternados por outros de desxeo progresivo. A maior parte do aumento do nivel do mar produciuse antes de 6 000 anos atrás.Gornitz, V. (2007): Sea Level Rise, After the Ice Melted and Today , NASA. miniatura|300px|Aumento do nivel do mar desde o último máximo glaciar.
O primeiro período (denominado MWP-1A0) tivo lugar hai 19 000 anos, durante o comezo do episodio do plistoceno coñecido como Dryas Antigo. En menos de 500 anos, o nivel do mar subiu uns 10–15 m, a un ritmo de 50 m/ano. O segundo período de desxeo (denominado MWP-1A) produciuse desde hai 14 600 a 13 500 anos durante a primeira parte do quentamento Bølling-Allerød. Durante 500 anos o nivel subiu 16–24 m a un ritmo de 40 m/ano. O ritmo de desconxelación diminuíu entre 12 800 e 11 500 anos atrás durante o episodio frío coñecido como Dryas Recente. Este foi un evento de cambio climático abrupto que ocorreu hai 12 800 anos durante o que a Terra volveu case ás condicións glaciais, permanecendo neste estado durante 1 300 anos. Crese que puido deberse á parada da circulación termohalina producida pola descarga de auga doce no Atlántico norte debido ao desxeo.Keigwin, L. D. e E. A. Boyle (2000): Detecting Holocene changes in thermohaline circulation , PNAS, vol. 97, nº 4, 1343-1346. Ao final deste período tivo lugar outro de desxeo (MWP-1B) entre 11 500 e 11 000 anos atrás. O nivel do mar subiu uns 25 m. Un cuarto período (MWP-1C) produciuse entre 8 200 e 7 600 anos atrás. Puido ser o resultado da drenaxe dos lagos Agassiz e Ojibwa e produciu unha elevación pequena do nivel do mar, sobre 1 m. Hai uns 6 000 anos, os períodos de desxeo cesaron, sendo desde entón a elevación do nivel mar moito máis gradual.
Desde hai 3 000 anos até o comezo do século XIX, o nivel do mar tivo un aumento case constante de 0,1 a 0,2 m/ano. Desde 1900, o nivel do mar aumentou de 1 a 2 m/ano; desde 1993, as medidas de altimetría por satélite TOPEX/Poseidon indican unha taxa de aumento de 3,1 ± 0,7 m/ano.
Entre as terras que estaban conectadas cando o nivel do mar era máis baixo están: 280px|miniatura|Paleoxeografía no holoceno. miniatura|280px|Profundidades no estreito de Bering. Á esquerda Asia e á dereita Norteamérica.
Siberia e Alasca. O estreito de Bering ten unha anchura de 85 km e unha profundidade de 30 a 50 m. As Illas Británicas co continente. O canal da Mancha ten unha anchura mínima de 34 km e unha profundidade mínima de 26 m. O mar do Norte é un mar moi pouco profundo, pois ten unha profundidade mínima de 25 m e media de 95 m. Indonesia e Indochina. Por exemplo, o estreito de Malaca entre Malaisia e Sumatra ten unha anchura mínima de 2,8 km e unha profundidade mínima de 25 m. O Estreito de Sonda entre as illas de Xava e Sumatra ten unha anchura mínima de 24 km e unha profundidade mínima de tan só 20 m. Xapón e Siberia. Por exemplo, o estreito de La Pérouse entre a illa de Hokkaido e a illa de Sakhalin ten unha anchura mínima de 43 km e unha profundidade de 20 a 40 m. O estreito de Tartaria entre a illa de Sakhalin e Siberia ten unha anchura de 7,3 km no seu punto máis angosto e unha profundidade de entre 51 e 118 m. Australia con Nova Guinea e Tasmania. O estreito de Torres entre Australia e Nova Guinea mide aproximadamente 150 km de ancho e ten unha profundidade de 30–50 m ao leste e de 10–15 m ao oeste. O estreito de Bass entre Australia e Tasmania ten aproximadamente 240 km de ancho no seu punto máis estreito e unha profundidade próxima aos 50 m.
En moitas zonas por riba dos 40º de latitude N, o terreo fora deprimido polo peso dos glaciares, polo que ao producirse o desxeo do plistoceno tardío subiron até 180 m, elevación que continúa incrementándose na actualidade. A elevación do nivel do mar e a depresión temporal da Terra permitiu a incursión temporal do mar en zonas que agora están lonxe da costa. Do holoceno mariño coñécense fósiles de Vermont, Quebec, Ontario e Míchigan. Os depósitos mariños en costas de latitudes máis baixas son raros porque o aumento do nivel do mar foi superior a calquera probábel elevación de orixe non glaciar. Na rexión de Escandinavia deu lugar á formación do mar Báltico. A rexión segue elevándose a unha taxa de 1 cm ao ano, causando débiles terremotos no norte de Europa estimándose que aínda subirá outros 100 m. O equivalente norteamericano é a baía de Hudson que, ao elevarse, reduciu a súa extensión desde o máximo da última fase posglaciar até os seus límites actuais.
Clima miniatura|300px|Variacións de temperatura durante o holoceno segundo a media de varias proxy climáticas.
O holoceno comezou despois de que finalizase o episodio de arrefriamento do Dryas Recente, a partir do cal as temperaturas se fixeron máis suaves. O Óptimo climático do holoceno foi un período cálido que se produciu durante o intervalo comprendido aproximadamente entre 9 000 e 5 000 anos atrás. O clima mundial era moi probabelmente entre 0,5 e 3 °C máis cálido do que é actualmente. Porén, o quecemento probabelmente non foi uniforme en todo o mundo. Este período terminou hai ao redor de 5 500 anos, cando as primeiras civilizacións humanas en Asia e África empezaron a florecer. A continuación, comezou o Neoglacial, no cal as temperaturas diminuíron progresivamente até a actualidade (en períodos cíclicos de quentamento/arrefriamento), con probábeis excepcións como o Óptimo climático romano (séculos I a IV) ou o Óptimo climático medieval (séculos X a XIV). O punto culminante do arrefriamento foi a Pequena Idade de Xeo, con tres máximos: sobre 1650, 1770 e 1850.NASA Earth Observatory Glossary: "Little Age of Ice" Climate Change 2001: Working Group I: The Scientific Basis: "2.3.3 Was there a 'Little Ice Age' and a 'Medieval Warm Period'?" .
O holoceno é un período interglaciar e non hai ningunha razón para crer que represente o fin dos ciclos de glaciacións. Porén, o actual quentamento global pode facer que a Terra se quente máis que no anterior período interglaciar, Riss-Würm, que chegou ao máximo hai aproximadamente 125 000 anos con temperaturas máis cálidas que na actualidade. Este fenómeno denomínase ás veces un súper-interglaciar. En comparación coas condicións glaciares no interglaciar as zonas habitábeis expandíronse cara ao norte, alcanzando o seu punto máis setentrional durante o Óptimo climático do holoceno. A maior humidade nas rexións polares causou a desaparición das praderías boreais.
Paleobioloxía A vida animal e vexetal non evolucionou moito durante o curto holoceno, pero se produciron importantes cambios na distribución dos seres vivos. Un gran número de animais, incluídos os mamuts, mastodontes, Smilodon e Homotherium, os chamados "dentes de sable", e os Megatherium (preguiceiros xigantes) desapareceron en Norteamérica. Neste continente tamén se extinguiron animais que sobreviviron noutras partes, incluíndo cabalos e camelos. Esta extinción da megafauna americana coincide coa chegada do ser humano hai 12 000 anos, ao igual que as extincións anteriores de grandes marsupiais en Australia hai 40 000 (como o Diprotodon) ou as posteriores de aves non voadoras en Nova Zelandia contra o ano 1300 d. C. (como os moas).
As extincións de plantas e animais continúan hoxe en día. A taxa de extinción acelerouse de maneira espectacular nos últimos 50 anos. En xeral, o evento de extinción do Holoceno caracterízase por deberse a factores relacionados coa presenza humana e por producirse nun tempo xeolóxico moi curto (decenas de miles de anos) en comparación coa maioría dos outros eventos de extinción. Ás veces denomínase a sexta extinción, pois anteriormente houbo cinco grandes episodios de extinción masiva.
Entre as especies notábeis extinguidas pola acción humana nos últimos mil anos cóntanse:
Europa: uro; tarpán (Equus ferus ferus, un cabalo salvaxe eurasiático); arao xigante (Pinguinus impennis); pica sarda (Prolagus sardus, un coello de Sardeña); íbex dos Pireneos (Capra pyrenaica pyrenaica, a cabra montesa española). Asia: delfín de río chinés (Lipotes vexillifer); Hydrodamalis gigas. África: Quagga (Equus quagga quagga, unha especie de cebra). Norteamérica: Conuropsis carolinensis; pomba viaxeira (Ectopistes migratorius). Suramérica: coquí dourado (Eleutherodactylus jasperi, unha ra de Porto Rico), Neomonachus tropicalis. Australia: lobo de Tasmania (Thylacinus cynocephalus). Nova Zelandia: moas (aves non voadoras de 3 m de altura e 250 kg de peso); aguia de Haast (Harpagornis moorei, (unha enorme aguia que pesaba entre 9 e 15 kg); Aptornis (xénero de gruiformes con dúas especies). Illas do Pacífico: moa-nalo, Mekosuchinae (crocodilos do Pacífico); megápodo de Nova Caledonia. Madagascar: Aepyornis (o paxaro elefante, de 3 m de altura e 450 kg de peso); ai-ai xigante (Daubentonia robusta); Archaeoindris (un lémure xigante de 200 kg), Palaeopropithecus; tartaruga xigante; hipopótamo pigmeo. Illas do Índico: tigre balinés (Panthera tigris balica); dodo (ave da illa Mauricio); solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria, ave da illa de Rodrigues); solitario da Reunión (Threskiornis solitarius, ave da illa de Reunión).
A seguinte táboa recolle o número de especies extintas desde o ano 1500 e as que se encontran en perigo de extinción segundo a Lista Vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza).IUCN Red List of Threatened Species, 2007.
Taxon Extintas Existentes En perigo % En perigo Mamíferos 70 5.416 1.094 20,2 %Aves 135 9.956 1.217 12 %Réptiles 22 8.240 422 5 % Anfibios 34 6.199 1.808 29 %Peixes 80 30.000 1.201 4 % Moluscos 289 81.000 978 1,2 %Artrópodos 66 1 000 000 1.083 0,1 %Plantas 87 297.326 8.447 3 %
Desenvolvemento humano