Elx-Parc é unha estación de ferrocarril da liña Alacant-Murcia situada baixo a Avenida do Ferrocarril da cidade de Elx na intersección coa rúa da nosa Señora da Cabeza.

Por esta estación circulan trens Talgo Barcelona-Lorca, Barcelona-Murcia e Cartagena-Montpellier, trens da liña L-1 de Media distancia Renfe e os trens da liña C-1 de Proximidades Murcia/Alacant.

Historia Na década de 1960 o gran crecemento de Elx propiciou a construción dun túnel ferroviario de 5,5 km polo que pasa a liña Alacant-Murcia, creándose nese momento as estacións actuais que posúe a cidade de Elx. O nome débese á proximidade ao Parque Municipal de Elx.

Dá servizo de acceso ferroviario á Universidade Miguel Hernández, ao Conservatorio municipal e á Escola Oficial de Idiomas de Elx.

Servizos ferroviarios Longo Percorrido Tren Orixe/destino Estacións intermedias Observacións Talgo Lorca-Sutullena Orihuela · Murcia del Carmen · Alhama de Murcia · Totana 1 tren ao día Barcelona-Sants Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicàssim · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Salou · Tarragona 2 trens ao día Murcia del Carmen Orihuela 1 tren ao día Talgo Mare Nostrum Cartagena Orihuela · Murcia del Carmen · Balsicas-Mar Menor · Torre Pacheco 1 tren ao día Montpellier Saint-Roch Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicàssim · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Cambrils · Salou · Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona · Figueres · Portbou · Cerbere · Perpiñán · Narbona · Béziers 1 tren ao díaCambio de ancho en Portbou

Media Distancia Liña << >> Material móbil L-1 València-Nord Murcia del CarmenCartagena S-592

Proximidades Destino/orixe < Estación Liña Estación > Orixe/destino Murcia del Carmen Elx-Carrús 25px TorrellanoSan GabrielEstación seguinte ou anterior nos trens CIVIS Alacant-Terminal

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en miestacion.es . Páxina oficial de Renfe Operadora .

Elx-parc