miniatura|Dettifoss no mapa físico de Islandia. miniatura|Fervenza de Dettifoss, Islandia. Dettifoss é unha fervenza do Parque Nacional Jökulsárgljúfur, que se atopa no nordés de Islandia, preto do lago Mývatn.
Características Está situada no leito do río Jökulsá á Fjöllum, que nace no glaciar de Vatnajökull e recolle auga dunha grande área da zona nordeste da illa. A fervenza ten 100 metros de ancho e unha caída de 44 metros ao canón de Jökulsárgljúfur. É a maior fervenza de Europa no tocante ao volume de auga, cuns caudais medio e máximo de 200 e 400 metros cúbicos por segundo, respectivamente .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Leffman, David; and Proctor, James (2004). The Rough Guide To Iceland, Rough Guides, 281. ISBN 1-84353-289-1.
Ligazóns externas Páxina oficial de Dettifoss
Categoría:Fervenzas de Islandia