miniatura|300 px|Vista por satélite do Mar Menor, na Costa Cálida Costa Cálida é o nome turístico dos aproximadamente 250 km de costa mediterránea da Rexión de Murcia, España. Esta rexión ten un microclima que se caracteriza por unha temperatura media anual elevada e un grao relativo de aridez, con precipitacións medias inferiores a 340 mm.

A Costa Cálida esténdese desde El Mojón polo norte, preto da provincia de Alacant, ata as Cuatro Calas, en Águilas, polo sur. Abarca localiades costeiras como: San Pedro del Pinatar, San Javier, Los Alcázares, La Manga, Cartagena, La Azohía, Puerto de Mazarrón, Calabardina ou Águilas.

Véxase tamén Ligazóns externas Costa Cálida en spain.info Costa ibérica

Calida Categoría:Accidentes xeográficos da Rexión de Murcia