Kariya (刈谷市, かりやし, Kariya-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e no centro da prefectura, na zona oeste da provincia histórica de Mikawa, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 50,45 km², a poboación é de 146.622 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 2.910 h/km².
O concello de Kariya limita cos concellos de Higashiura, Ōbu, Toyoake, Tōgō, Miyoshi, Toyota, Chiryū, Anjō e Takahama.
Economía Dentro da cidade hai moitas sedes e fabricas principais do grupo Toyota. Toyota Industries (豊田自動織機) - Sede de todo o grupo Toyota Denso Corporation (デンソー) Toyota Boshoku (豊田紡織) Toyota Auto Body (トヨタ車体) Aisin Seiki (アイシン精機) Aichi Steel (愛知製鋼) JTEKT Corporation (ジェイテクト)
Cidades irmandadas Mississauga, Ontario, Canadá (1981)
Universidades Universidade de Aichi de Educación (愛知教育大学, Aichi University of Education)
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kariya . Sitio web oficial da cidade de Kariya .
Categoría:Prefectura de Aichi Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón