Gene Hackman, nado en San Bernardino (California) o 30 de xaneiro de 1930 e finado en Santa Fe (Novo México) o 18 de febreiro de 2025, foi un actor e escritor estadounidense gañador do Óscar e do Globo de Ouro.
Iniciouse na interpretación na década de 1960 e acadou sona durante a década de 1970, despois do seu papel en The French Connection, filme que lle reportou o seu primeiro premio Óscar, e continuou aparecendo en papeis de grande importancia en filmes de Hollywood, demostrando así as súas facultades interpretativas en títulos como Superman, Bat 21, Heist ou The Royal Tenenbaums.
Traxectoria Fillo dun xornalista que abandonou á súa familia cando Hackman tiña trece anos, Hackman tivo que facer fronte ao alcoholismo da súa nai, que morreu nun incendio que ela mesma provocou. O mozo abandonou a casa da súa nai con dezaseis anos para ingresar na Infantería de Mariña e cando saíu de alí marchou a estudar xornalismo na Universidade de Illinois. Porén, abandonou a facultade e foi facer un curso técnico de radio. Entón decidiu probar a actuación e matriculouse no Pasadena Playhouse en California.
En 1964, debutou en Broadway na obra Any Wednesday e nese mesmo ano protagonizou o filme Lilith, xunto a Warren Beatty. A súa primeira candidatura ao Óscar chegou en 1967 polo seu papel secundario en Bonnie e Clyde. En 1970 foi nomeado de novo para o premio por I Never Sang for My Father.
O Óscar chegou en 1971 polo seu papel de Jimmy 'Popeye', un policía de Nova York que desartellaba unha banda de drogas en The French Connection. Con todo, para o actor, o filme de Francis Ford Coppola A conversación foi o seu mellor traballo.
Hackman tivo algúns problemas cardíacos na década de 1990, mais a pesar da súa mala saúde non deixou de traballar. Co western Sen perdón, dirixido por Clint Eastwood, gañou outro Óscar e un Globo de Ouro. Despois do filme de 2004 Welcome to Mooseport, o seu médico dixo que o seu corazón non estaba en condicións de ser sometido a tensión e decidiu retirarse. Os seus únicos traballos posteriores foron a narración dos primeiros catro episodios da serie da NFL America's Game: The Super Bowl Champions e dous documentais sobre os marines. Tamén apareceu nun episodio de Diners, Drive-Ins and Dives, onde o chef Guy Fieri visitou un restaurante de Santa Fe onde Hackman estaba a comer.
O actor casou dúas veces. Coa súa primeira esposa, caixeira bancaria, tivo tres fillos. En 1991 casou coa pianista clásica Betsy Arakawa. O 26 de febreiro de 2025, Hackman e a súa esposa foron atopados mortos na súa casa de Santa Fe. O actor morreu aos 95 anos, mentres que a súa muller tiña 63.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas Ref. 1961 Mad Dog Coll Policeman Sen acreditar 1964 Lilith Norman 1966 Hawaii John Whipple 1967 Banning Tommy Del Gaddo Community Shelter Planning Donald Ross Curtametraxe A Covenant with Death Alfred Harmsworth First to Fight Sergeant Tweed Bonnie e Clyde Buck Barrow 1968 The Split Tte. Walter Brill 1969 Riot 'Red' Fraker The Gypsy Moths Joe Browdy Downhill Racer Eugene Claire Marooned 'Buzz' Lloyd 1970 I Never Sang for My Father Gene Garrison 1971 Doctors' Wives Dave Randolph The Hunting Party Brandt Ruger Jimmy "Popeye" Doyle 1972 Prime Cut Mary Ann A aventura do Poseidón Rev. Frank Scott Cisco Pike Sergeant Leo Holland 1973 Scarecrow Max Millan 1974 A conversación Harry Caul Young Frankenstein Harold, The Blind Man Zandy's Bride Zandy Allan 1975 French Connection II Jimmy "Popeye" Doyle Lucky Lady Kibby Womack Night Moves Harry Moseby Morde a bala Sam Clayton 1977 The Domino Principle Roy Tucker A Bridge Too Far Stanisław Sosabowski March or Die Major William Sherman Foster 1978 Superman Lex Luthor 1980 Superman II 1981 All Night Long George Dupler Reds Pete Van Wherry 1983 Baixo o fogo Alex Grazier Two of a Kind God Voz, sen acreditar Uncommon Valor Col. Jason Rhodes, USMC (Ret.) Eureka Jack McCann 1984 Misunderstood Ned Rawley 1985 Twice in a Lifetime Harry MacKenzie Target Walter Lloyd / Duncan 'Duke' Potter 1986 Power Wilfred Buckley Hoosiers Coach Norman Dale 1987 Non hai saída David Brice Superman IV: The Quest for Peace Lex Luthor / Nuclear Man (voice) 1988 Bat*21 Tte. Col Iceal Hambleton, USAF Split Decisions Danny McGuinn Another Woman Larry Lewis Full Moon in Blue Water Floyd Arde Mississippi Rupert Anderson 1989 The Package Sergeant Johnny Gallagher 1990 Loose Cannons Det. MacArthur 'Mac' Stern Postcards from the Edge Lowell Kolchek Testemuña accidental Robert Caulfield 1991 Acción xudicial Jedediah Tucker Ward Company Business Sam Boyd 1992 Sen perdón Sheriff Bill 'Little Bill' Daggett 1993 The Firm Avery Tolar Xerónimo Brigadier General George Crook 1994 Wyatt Earp Nicholas Porter Earp 1995 The Quick and the Dead John Herod Crimson Tide Captain Frank Ramsey Get Shorty Harry Zimm 1996 Unha gaiola de grilos Senator Kevin Keeley Ao cruzar o límite Dr. Lawrence Myrick The Chamber Sam Cayhall 1997 Poder absoluto President Alan Richmond 1998 Twilight Jack Ames Antz General Mandible Voz Enemy of the State Edward "Brill" Lyle 2000 Baixo sospeita Henry Hearst Tamén produtor executivo The Replacements Coach Jimmy McGinty 2001 The Mexican Arnold Margolese Heartbreakers William B. Tensy Heist Joe Moore Behind Enemy Lines Admiral Leslie Reigart The Royal Tenenbaums Royal Tenenbaum 2003 Runaway Jury Rankin Fitch 2004 Welcome to Mooseport Monroe 'Eagle' Cole
Notas
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en San Bernardino Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Óscar ó mellor actor Categoría:Finados en 2025