Kasugai (春日井市, かすがいし, Kasugai-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e ó norte da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 92,71 km², a poboación é de 302.885 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 3.270 h/km².

O concello de Kasugai limita cos concellos de Inuyama, Komaki, Toyoyama, Nagoya, Seto (que son da prefectura de Aichi); e Tajimi (este último é da prefectura de Gifu).

Cidades irmandadas Kelowna, Columbia Británica, Canadá (1981)

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kasugai . Sitio web oficial da cidade de Kasugai .

Categoría:Prefectura de Aichi Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón