Sanda (三田市, さんだし, Sanda-shi) é un concello da prefectura de Hyōgo no Xapón. Está situado na rexión de Kinki e ó leste da prefectura. A súa superficie é de 210,22 km², a poboación é de 114.077 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 543 h/km².
O concello de Sanda limita cos concellos de Miki, Katō, Sasayama, Inagawa, Takarazuka e Kōbe.
En Sanda naceu o pintor Yoshiro Tachibana, que se estableceu en Muxía.
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Sanda . Sitio web oficial da cidade de Sanda .
Categoría:Prefectura de Hyōgo Categoría:Concellos do Xapón