O furafollas pequeno (Sorex minutus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae amplamente distribuída por Europa, estando presente dende Irlanda e a Península Ibérica ata Rusia. A súa pelaxe é de cor marrón escura no lombo, que pasa gradualmente a marrón claro na zona ventral. A lonxitude de testa e corpo é duns seis centímetros, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os seis gramos. Ten as puntas dos dentes de cor vermella.
(Vexa o mapa de distribución en Galicia abaixo do modelo)
Hábitat e distribución Habita en zonas de vexetación eurosiberiana, principalmente carballeiras, faiais, e as matogueiras de substitución destes, aínda que tamén se localiza en carrasqueiras, penedías e matogueiras de alta montaña. Está ausente en zonas con precipitacións por baixo dos 700 mm. Altitudinalmente atópase entre os 400 e os 2.000 metros.
Situación Non parece atoparse ameazada,Database entry includes a brief justification of why this species is of least concern pero convén ter en conta o reducido da súa área de distribución e o illamento xeográfico dalgunhas poboacións.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Mamíferos de Europa Categoría:Mamíferos de Asia Categoría:Mamíferos de Rusia Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Sorícidos