A illa Ronde (en inglés: Ronde Island) é unha pequena illa do sueste do mar Caribe que xeograficamente pertence ás Pequenas Antillas e ao arquipélago das Granadinas e administrativamente ao Commonwealth ou Mancomunidade de Granada. Atópase ao sur da Illa de Carriacou e ao norte da illa principal chamada tamén Granada.

Está practicamente deshabitada e posúe aproximadamente uns 8,1 km² de superficie; considérase unha das "illas privadas" do Caribe.

Preto das súas costas atópase un volcán submarino.

Notas

Véxase tamén

Granada Granadinas

Ligazóns externas

Categoría:Granadinas Categoría:Illas de Granada, Caribe Categoría:Antillas Menores