Gaspar Grande ou Gasparee é unha illa na República de Trinidad e Tobago cuxo nome derívase de Gaspar de Percín. A illa ten 1´29 km² de superficie e atópase 12 quilómetros ao oeste de Port of Spain. É unha das "Illas Bocas", que se atopan na chamada Bocas do Dragón entre a illa Trinidad e Venezuela.

Gaspar Grande é principalmente de pedra calcaria, e alcanza unha altura de 103 metros na súa parte máis alta. No pasado instaláronse estacións para a caza de baleas na illa. Gaspar Grande é tamén o fogar da Gasparee Caves (Covas de Gasparee), un sistema de covas naturais de pedra calcaria cunha misteriosa piscina na súa base. Outras covas na illa inclúen a Cova Branca, a Cova Brioge e a cova Precipice.

Unha lenda conta que outra cova na illa, o tunel de William Dampier, garda o cofre do tesouro dun pirata e que é de fácil acceso en certos días do ano.

Historia

En 1783, Gaspar Grande foi concedida a Gaspar de Percin Roque polo gobernador José María Chacón.

Ligazóns externas

Gaspar Grande Categoría:Illas de Trinidad e Tobago Categoría:Antillas Menores