Samuel Taylor Coleridge, nado en Devonshire o 21 de outubro de 1772 e finado en Highgate o 25 de xullo de 1834, foi un poeta, crítico, filósofo e teólogo inglés, un dos fundadores do movemento romántico en Inglaterra. Xunto co seu amigo William Wordsworth, foi membro dos Lake Poets. Colaborou tamén con Charles Lamb, Robert Southey e Charles Lloyd.

Escribiu os poemas The Rime of the Ancient Mariner e Kubla Khan, así como a obra en prosa Biographia Literaria. As súas pezas de crítica literaria foron moi influentes, en especial as referidas a William Shakespeare. Tamén contribuíu á introdución do idealismo alemán no mundo anglófono. Coleridge cuñou multitude de palabras e expresións hoxe comúns, como "suspensión da incredulidade" (en ). Foi unha grande inspiración para Ralph Waldo Emerson e o transcendentalismo estadounidense. Ao longo da súa vida adulta, Coleridge sufriu ataques de ansiedade e depresión; especúlase que padeceu un trastorno bipolar, unha condición non definida pola ciencia na súa época. Así mesmo, tiña unha saúde física feble, quizais a causa da febre reumática e outras enfermidades que o afectaron na infancia. Estas foron tratadas con láudano, producíndolle unha adicción ao opio durante o resto da súa vida.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Literatura do Romanticismo en Inglaterra

Ligazóns externas Biographia Literaria .

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1772 Categoría:Finados en 1834 Categoría:Nados en Devon Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Crítica literaria Categoría:Poetas en lingua inglesa Categoría:Ensaístas Categoría:Literatura do Romanticismo