alt=Momento da procesión das Cruces 2010|miniatura|Momento da procesión das Cruces 2010 alt=Momento da procesión das Cruces|miniatura|Momento da procesión das Cruces A romaría das Cruces é unha cerimonia relixiosa que se celebra na Ponte (Arante, Ribadeo) cada ano o luns de pentecoste (luns da semana anterior a Corpus Christi, sete semanas despois de Semana Santa). Historia e características alt=Momento da Romaría das Cruces en 2008|miniatura|Momento da Romaría das Cruces en 2008 Conmemora unha escaramuza contra os franceses en tempos da invasión napoleónica. O 29 de xaneiro de 1809 os veciños das parroquias da zona loitaron contra os franceses capitaneados polo xeneral Fournier baixo a protección de Nosa Señora das Virtudes. Nun primeiro momento a batalla librábana os veciños de Cubelas, Cedofeita, Arante, Sante, Vidal e Valboa, pero ante a proximidade da derrota un emisario buscou axuda entre os veciños de Ove. A súa chegada foi providencial e os veciños derrotaron os invasores. Dende ese momento o luns de Pentecoste celebrase a romaría neste pequeno pobo. Nela dánse cita sete pendóns doutros tantos lugares da zona (parroquias de Ribadeo -Cubelas, Cedofeita, Arante e Ove- e Trabada -Sante, Vidal e Valboa-), que renden obediencia ante o pendón principal, o mesmo que as cruces que os acompañan. O acto principal vese completado co bandeo do pendón da Ponte, seguido duna procesión arredor da igrexa da Virxe das Virtudes.
Os actos inícianse ó mediodía, coa chegada da procesión das diversas parroquias coas respectivas cruces e pendóns, uníndose na ponte sobre o río Grande. Pasan pola entrada da ermida e logo á parte posterior do santuario. Alí saúdanse as delegacións, coa inclinación mutua dos pendóns e cruces. despois do cal celébrase unha procesión arredor do santuario tras da que hai o ritual dos pendóns e cruces, co bandeo do pendón principal.
En decembro de 2018 a romaría foi declarada festa de interese turístico de Galicia polo Consello de Turismo de Galicia.
Notas
Categoría:Ribadeo Categoría:Festas de Galicia Categoría:Festas de interese turístico de Galicia