O furafollas ibérico (Sorex granarius) é unha especie de mamífero da orde dos soricomorfos, familia dos sorícidos, subfamilia dos soricinos e tribo dos soricininos,Soricini en MSW. endémica da Península Ibérica.

Taxonomía Descrita inicialmente en 1910 polo zoólogo estadounidense Gerrit Smith Miller como unha subespecie de Sorex araneus, Sorex araneus granarius, foi elevada á categoría de especie en 1975 por Hausser et al., debido ás súas características cariolóxicas e morfolóxicas.

Características A súa pelaxe é de cor marrón escura carecendo de banda mediodorsal escura e o bandullo é gris amarelento. A lonxitude de testa e corpo é duns catro centímetros, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os seis gramos. Ten as puntas dos dentes de cor vermella aínda que xeralmente, a diferenza de S. araneus e S. coronatus, os incisivos superiores amosan unha tonalidade máis clara.

Hábitat e distribución É un endemismo ibérico. Distribúese ao longo do Sistema Central, dende a Serra de Ayllón á Serra da Estrela, (Portugal), espallándose cara ao norte dende o río Texo ata Galicia. Queda por confirmar a súa presenza ao norte do Sistema Ibérico e en certos enclaves da Cordilleira Cantábrica.

As áreas ocupadas polo furafollas ibérico (ou musaraña ibérica, como se coñece en castelán) caracterízanse por ter unha temperatura media anual de entre 3º e 15 °C, con invernos fríos ou moi fríos, e unha precipitación superior aos 600 mm.

No Sistema Central, a especie localízase nos niveis supra- e oromediterráneo, dende os 500 aos 2.000 m. É frecuente en faias, piñeirais, caralleiras e aciñeirais, así como naquelas zonas nas que o bosque autóctono foi substituído por campos ou bosques de Castanea sativa ou Pinus pinaster.

En Portugal está presente en case todos os hábitat arbustivos. No norte deste país e en Galicia, a especie penetra na rexión eurosiberiana, onde ocupa carballeiras e plantacións de Eucalyptus sp. e Pinus pinaster.

No Sistema Ibérico, mencionouse a súa presenza entre os 1.000 e 1.700 metros de altitude, en carballeiras, faiais e sabinais.

Situación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificou o status desta especie como LC (pouco preeocupante), xa que non parece que estea ameazada, e aínda que non existen estudos suficientes, a extensión xeográfica das súas poboacións non fai temer polo seu estado.Palomo, L. J.; Amori, G. & Hutterer, R. (2008): Sorex granarius na Lista vermella da UICN.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96893-20-7. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals: Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. SGHN (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Peixes, Anfibios, Réptiles e Mamíferos. Santiago de Compostela: Sociedade Galega de Historia Natural / Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-89-X. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Soricomorfos Sorícidos Sorex

Ligazóns externas Mª José López-Fuster: Sorex granarius Miller, 1910 en Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Inventario Español de Especies Terrestres. Con informacións, detallado mapa de distribución e bibliografía . Sorex granarius na ADW. Sorex granarius na EOL.

Categoría:Sorícidos Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Mamíferos de España Categoría:Mamíferos de Portugal Categoría:Mamíferos endémicos da Península Ibérica Categoría:Animais descritos en 1910