Hakodate (函館市, はこだてし, Hakodate-shi) é unha cidade e concello da subprefectura de Oshima e da prefectura de Hokkaidō no Xapón, capital da súa subprefectura. Está situado ao sur da illa de Hokkaidō, no norte do Xapón. A súa superficie é de 677,92 km², a poboación é de 284.910 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 420 h/km².

O concello de Hakodate limita cos concellos de Hokuto, Nanae e Shikabe.

Demografía

Turismo e lugares de interese Castelo Goryōkaku (五稜郭). Igrexa ortodoxa rusa de Hakodate (函館ハリストス正教会復活聖堂).

Cidades irmandadas Halifax, Nova Escocia, Canadá (1982). Vladivostok, Rusia (1992). Lake Macquarie, Nova Gales do Sur, Australia (1992). Yuzhno-Sakhalinsk, óblast de Sakhalin, Rusia (1997).

Galería de imaxes

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hakodate .

Categoría:Rexión de Hokkaidō Categoría:Concellos do Xapón