Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez, nado en Pontevedra o 29 de setembro de 1936 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1995, foi un escritor galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Placa da rúa Xosé Alexandre Cribeiro en Cangas.
dereita|miniatura|Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
Fillo dos mestres Pío Cribeiro González e Regina Rodríguez Bares, o pai fixo de bibliotecario no local que o Partido Galeguista tiña en Pontevedra e sufriu represalias aínda que non chegou estar no cárcere (foi suspendido de emprego e soldo varios anos). A familia trasladouse ao Morrazo e Xosé fixo o bacharelato en Pontevedra e Marín. Estudou Dirección no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas de Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto. En 1959 foi premiado nas Festas Minervais de Santiago. Nos anos 60 trasladouse a Vigo, fundou o Cine Club Vigo, colaborou na prensa e foi activo militante do PCE. No ano 1962 casou con Concepción de Unamuno Adarraga, neta do escritor e filósofo vasco Miguel de Unamuno. Traballou en TVE e foi unha tempada director do centro de TVE en Galicia, cargo do que dimitiu a consecuencia da polémica xerada arredor da retransmisión do enterro de Castelao en 1984. Obra Poesía Acoitelado na espera, 1960, Brais Pinto (premiado en 1959 pola Unidade Galega de Nova York) Doente espranza, 1962 e Indo pra máis perto, 1979, publicados neste último ano por Akal. A señardade no puño, 1996, Espiral Maior.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha do autor en Xerais
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 1995