Xosé Antonio Touriñán Rodríguez, nado o 16 de marzo de 1980, en Castelo, Culleredo, é un actor, humorista e presentador de televisión galego.

Traxectoria Formouse no teatro escolar en Tarrío e no Instituto Crucero Baleares de Culleredo, e licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa. A principios do 2000 creou con Marcos Pereiro o dúo cómico Os 2 de Sempre. Interpretando as personaxes de Mucha e Nucha, realizaron as súas primeiras aparicións televisivas nas últimas edicións do Supermartes, da Televisión de Galicia, e máis tarde acadaron sona cos mesmos roles no programa Luar. En 2006 realizou a súa primeira incursión no cine, cun pequeno papel no filme Días azuis, de Miguel Santesmases. Durante os seguintes anos apareceu ademais noutros programas da TVG como Air Galicia ou a serie de éxito Padre Casares.

No ano 2007 abriu en Carral xunto a Marcos Pereiro o local de espectáculos e concertos Sala The Star, que se mantivo activo até 2012. No 2009 fundou, tamén con Marcos Pereiro como socio, a súa propia produtora, Airapro Producións, unha pequena empresa con sede en Carral e Betanzos, que traballa no sector audiovisual e da representación artística, xestionando grupos musicais e humoristas como Heredeiros da Crus, Pepo Suevos e as propias "Cantareiras de Ardebullo". 

En 2009 presentou o programa sobre sendeirismo Botarse ao monte, polo que recibiu o seu primeiro nomeamento aos premios Mestre Mateo, premios que el mesmo presentou por primeira vez en 2010.

Entre 2011 e 2015 apareceu en Era visto!, interpretando ao taberneiro Puskas. Traballou habitualmente en Land Rober, e en 2012, despois de que o seu presentador, Roberto Vilar marchase a Mediaset, e o programa fose cancelado, Touriñán pasou a presentar un novo espazo no mesmo horario e co mesmo equipo: Tourilandia. En 2014 chegoulle o seu primeiro papel de importancia no cine, no filme de Alfonso Zarauza Os fenómenos.

En 2018 traballou na serie de Antena 3 Fariña, baseada no libro homónimo de Nacho Carretero, e onde interpretou a un dos fillos do traficante Manuel Charlín. Dende 2021 presenta xunto con Marta Hazas para TVE o programa de viaxes Rutas bizarras, emitido en La 2. A continuación protagonizou o filme Cuñados e tivo un papel en Malencolía.

Vida persoal Xunto á súa parella, Patricia, é pai de dous fillos: Antía e Andrés.

Filmografía como actor miniatura|Xosé Antonio Touriñán no espectáculo de Mucha e Nucha, as Cantareiras de Ardebullo, nas festas do Carme de Marín Supermartes (2005), programa de televisión. Marta (2006), curtametraxe de Juan de Oliveira Rubinos. Días azuis (2006), longametraxe de Miguel Santesmanes, interpretando a Pincha La Palma. En pé de festa (2006), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes. Efectos secundarios (2007), serie de televisión, interpretando a Emilio. Luar (2008–2011, 2013), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes. Air Galicia (2009), programa de televisión, interpretando a varias personaxes. Padre Casares (2008– ), serie de televisión, interpretando a Rodolfo. Land Rober (2009–2011), programa de televisión, interpretando a Ricardo e outras personaxes. Era visto! (2011–2014), serie de televisión, interpretando ao taberneiro Puskas. Un soño de Nadal (2011), programa especial televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes. A Casa da Conexa (2012–2014), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes. Un conto de Nadal por Mucha e Nucha (2013), programa especial televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes. Os fenómenos (2014), longametraxe de Alfonso Zarauza, interpretando a Curtis. Land Róber Tunai Show (2015– ) programa de televisión cómico, copresentador e actor interpretando varios personaxes. Buscando Ardebullo (2016). Vidago Palace (2017), serie de televisión, interpretando ao Padre Raimundo. Fariña (2018), serie de televisión de Antena 3, interpretando a Paquito Charlín. Justo antes de Cristo (2018), serie de televisión de Movistar+, interpretando o escravo Agorastocles. Somos criminais (2018), con Carlos Blanco. Pequeñas coincidencias (2018-2020), serie de televisión de Amazon, interpretando a Rafa. Unha noite na praia (2019), peza de teatro escrita e dirixida por Javier Veiga. A desorde que deixas (2020), serie de televisión de Netflix, interpretando a Acevedo. Cuñados (2021), longametraxe de Toño López, interpretando a Sabonis. El club del paro (2021), longametraxe de David Marqués. Malencolía (2021). Película de Alfonso Zarauza. Sin límites (2022). Miniserie de Tv. Como Álvaro de Mezquita. A rabia (2022). Curtametraxe. Amigos hasta la muerte (2023). Película de Javier Veiga. Como José. Los argonautas y la moneda del oro (2023). Serie de Tv. Como Manuel. Nena (2023). Curtametraxe. Bechos (2023). Serie de TV. Como Xurxo. Clanes (2024). Serie de Tv. Como Nilo. Atasco (2024). Serie de Tv. Como Jaime. Na Gloria (2024). Serie de Tv. Como Lolo. +Cuñados (2024), longametraxe de Luis Avilés. Como Sabonis. La canción (2025). Serie de Tv. Como Manuel Fraga. Al Noroeste del Oeste (2025). Curtametraxe. Rondallas (2025). Película. Como Xavi.

Como presentador de televisión Perdelo todo (2006), programa de televisión. Botarse ao monte (2009), programa de televisión. Gala dos Premios Mestre Mateo 2009, programa especial de televisión. Presentador e guionista. Gala dos Premios Mestre Mateo 2010, programa especial de televisión. Presentador e guionista. Tourilandia (codirector xunto con Xosé Arias, 2012-2013).Tourilandia na páxina da Televisión de Galicia. Rutas bizarras (2021, con Marta Hazas).

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2009Mellor comunicadorBotarse ao monteNomeado2011Mellor comunicadorUn soño de NadalNomeado2012Mellor comunicadorTourilandiaNomeado2013Mellor comunicadorA casa da conexaNomeado2014Mellor actor secundarioOs fenómenosNomeadoMellor comunicadorA casa da conexaNomeado2018Mellor actorLand Róber Tunai ShowNomeado2021Mellor actorCuñadosNomeado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Airapro Producións AVG .

Categoría:Actores de Culleredo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Presentadores de televisión de Galicia