Carlos Souto, nado en Buenos Aires o 13 de maio de 1955 é un publicitario arxentino que dirixe a axencia de publicidade La Ese, dedicada dende 1996 á publicidade política. Os equipos de traballo que forma e dirixe foron claves na transformación da linguaxe política latinoamericana na última década. Integrou grupos de traballo con David Ratto, Ramiro Agulla, Dick Morris, Miguel Sal e Darío Lanis. Na súa traxectoria profesional gañou máis de corenta premios nacionais e internacionais.
Traxectoria Carlos Souto naceu no barrio de Parque Patricios de Buenos Aires, fillo de Maruxa e Celestino, inmigrantes galegos, sendo o galego a súa lingua materna grazas a seus pais e á súa avoa Carme. A súa infancia e primeira adolescencia transcorreron nos suburbios do sur da cidade de Buenos Aires. Aínda que comezou os seus estudos no Colexio Bernasconi, posteriormente, en segundo grao, cambiaría de escola (Cangallo Schule, un colexio alemán do barrio de Balvanera) e completaría alí os seus estudos primarios e secundarios.
Cursus Honorum Logo do golpe militar na Arxentina e en vista do compromiso político asumido como delegado estudantil na Facultade de Enxeñería da Universidade de Buenos Aires, viaxou ao Brasil e elixiu a cidade de São Paulo como residencia. O seu primeiro traballo foi de cadete na axencia de publicidade Diálogo Propaganda. En 1976 editou o seu primeiro e único libro de contos, ilustrado por María Teresa Lemos Fontao. Pasado un tempo, comezou a traballar como asistente na produción de comerciais para televisión, primeiramente en Flipfilms e a axencia de publicidade Mauro Salles Interamericana. O seu ascenso foi rápido e, deste xeito, coñeceu ao director francés Olivier Perroy, quen xunto a Carlo Ponti (h), forman a internacional "Filmar do Brasil". En Angra dos Reis produciron a película Pirañas. Esta sería a única experiencia de Souto en longametraxes. Durante os catro anos que viviu en São Paulo, Carlos Souto compartiu departamento (quatorze), en Pinheros co artista plástico e publicista catalán Xavier Ruáix Durán. O quatorze transformouse nun lugar de culto para os intelectuais, creativos e novos cineastas que coincidían en São Paulo durante a segunda metade da década dos setenta. Ao comezar a década dos oitenta, Souto decidiu regresar a Arxentina. En 1983 empezou a organizar o seu primeiro proxecto empresarial. En 1984 instalou unha empresa dedicada ao desenvolvemento de eventos para marcas. Souto desempeñouse no eido das relacións públicas e a comunicación. Ao longo dos anos seguintes, instalado definitivamente na Arxentina, levou adiante o seu primeiro equipo de traballo relacionado coa industria publicitaria.
Primeiros éxitos publicitarios Cara a finais da década de 1980 decidiu crear unha axencia publicitaria pequena de capital arxentino. Mentres o proxecto non se materializou, en 1991 gañou o seu primeiro premio, un terceiro lugar no Premio Clarín á Creatividade en Xornais. Este foi o inicio dun camiño de recoñecementos que axudaron ao asentamento e crecemento do seu proxecto. Por eses anos construiu unha dupla con Darío Lanis que foi premiada tanto nacional como internacionalmente; ao mesmo tempo conformou un equipo de traballo con mozos como: Juan Cravero, Carlos Bayala, Pablo del Campo, Gustavo Taretto, Fernando Tchechenitsky e Álvaro Fernández Mendy. En 1993 finalmente fundou a súa primeira axencia de publicidade. En 1994 ingresou na xerarquía creativa de axencias da Cámara Arxentina de Anunciantes, ocupando o décimo primeiro lugar do país. En 1995 participou por primeira vez nun concurso para a creación dunha campaña política e conseguiu o primeiro posto; realizou a súa primeira campaña política e gañou a correspondente elección. Durante 1999 decide fundar unha nova compañía, Adlatina.com, un portelo de Internet dedicado á publicidade e mercadotecnia.
Mecadotecnia política Carlos Souto principia a súa experiencia no campo da publicidade política en 1995 e, dende entón, o equipo de profesionais que lidera acompaña cada un dos momentos máis importantes da historia das eleccións arxentinas. Ao longo da súa carreira e grazas ao seu recoñecido traballo, Carlos Souto é convocado para as máis importantes campañas políticas da Arxentina, onde acada varios éxitos memorables. Gaña dúas eleccións presidenciais, dúas eleccións para Alcalde de Buenos Aires, unha para Gobernador na Provincia de Mendoza e recentemente unha elección lexislativa de medio termo na Provincia de Buenos Aires. Ten a oportunidade de ser o responsable da comunicación institucional de varias xestións de Goberno e de asesorar en situacións de crise a diversos políticos e empresarios. O seu traballo no campo electoral é recoñecido pola calidade creativa das súas pezas audiovisuais, así como polos anuncios na vía pública e polos estándares aplicados á produción. Moitos dos comerciais que realizou na súa carreira xa son parte do acervo cultural e do eido das comunicacións no seu país.
Campañas políticas Ano Candidato Cargo 1996 Fernando de la Rúa Xefe de Goberno da Cidade de Buenos Aires 1998 Fernando de la Rúa Internas Alianza 1999 Fernando de la Rúa Presidente da Arxentina 2000 Aníbal Ibarra Xefe de Goberno da Cidade de Buenos Aires 2003 Carlos Menem Presidente da Arxentina 2003 Julio Cobos Gobernador da Provincia de Mendoza 2005 Luis Brandoni Senador da Provincia de Buenos Aires 2007 Jorge Telerman Xefe de Goberno da Cidade de Buenos Aires 2007 Francisco de Narváez Gobernador da Provincia de Buenos Aires 2009 Francisco de Narváez Deputado da Provincia de Buenos Aires
Premios
Obtivo un León de Prata en TV no Festival de Cannes, un Ouro en TV no London Festival, un Lapis de Ouro e un de Platino, ademais do Grand Prix na FIAP, e ouros en TV e na radio no mesmo festival. Tamén foi premiado en México, Brasil, Colombia, ademais doutros recoñecementos que recibiría en festivais como o de Nova York ou no Círculo de Creativos da Arxentina. O primeiro sitio WEB (website) de Souto resulta Prata no London Festival e na FIAP.
No ano 2000, Carlos Souto foi premiado co León de Prata no Festival de Cannes. Ademais, leva gañados premios nacionais e internacionais, tanto no eido da política, como polas súas pezas de comunicación; algúns destes menciónanse a continuación: Cannes International Advertising Festival > León de Prata - TV - Categoría Institutos de Ensino London International Advertising Awards > Ouro - Televisión - Categoría Retail Services London International Advertising Awards > Prata - Internet - Categoría Web Sites London International Advertising Awards > Finalista - Televisión - Categoría Humor London International Advertising Awards > Finalista - Televisión - Categoría Direction /Dialogue London International Advertising Awards > Finalista - Televisión - Categoría Corporate London International Advertising Awards > Finalista - Televisión - Categoría Low Budget New York Festivals > Bronce - Televisión - Categoría Servizos New York Festivals > Bronce - Televisión - Categoría Retail Dealers New York Festivals > Finalista - Televisión - Categoría Best Humorous Spot FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Grand Prix - Radio - Todas as categorías FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Sol de Ouro - Radio - Categoría Servizos FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Sol de Ouro - Televisión - Categoría Institutos de Ensino FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Sol de Prata - Radio - Categoría Campañas FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Sol de Prata - Internet - Categoría Web Sites FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Finalista. Televisión. Categoría Campaña de Servizos FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Finalista - Radio - Categoría Campañas de Servizos FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Finalista - Radio - Categoría Institutos de Ensino The One Show > The One Show Merit Award Festival Brasileiro de Propaganda > Lámpada de Ouro - Televisión - Categoría Servizos Festival Brasileiro de Propaganda > Lámpada de Ouro - Televisión - Categoría Educación Festival Brasileiro de Propaganda > Lámpada de Prata. Radio. Categoría Servizos Festival Mundial de Publicidade de Gramado > Galo de Prata. Radio. Categoría Educación Festival da Creatividade de México > Grand Prix - Televisión Festival da Creatividade de México > Aguia de Ouro - Televisión - Categoría Escolas e Institutos Festival da Creatividade de México > Aguia de Bronce - Televisión - Categoría Escolas e Institutos Dial de Ouro Iberoamericano > Segundo Gran Dial de Ouro - Radio - Todas as categorías Dial de Ouro Iberoamericano > Dial de Ouro - Radio - Categoría Servizos Círculo de Creativos Arxentinos > Dente de Ouro - Televisión - Categoría Servizos Lapis de Ouro > Lapis de Ouro - Radio - Categoría Institucións de Ensino Lapis de Platino > Lapis de Platino - Radio - Todas as categorías Premio Clarín á Creatividade en Xornais > Primeiro Premio - Gráfica Branco e Negro - Categoría Indumentaria Premio Clarín á Creatividade en Xornais > Primeiro Premio - Gráfica Branco e Negro - Categoría Libros Escolas Universidades Premio Clarín á Creatividade en Xornais > Segundo Premio - Gráfica Branco e Negro - Categoría Indumentaria, Branco, Lencería Premio Clarín á Creatividade en Xornais > Terceiro Premio - Gráfica Branco e Negro - Categoría Indumentaria Premio Clarín á Creatividade en Xornais > Terceiro Premio - Gráfica Branco e Negro - Categoría Indumentaria Concurso Nacional de Publicidade en Radio > 1º premio - Categoría Institucional Concurso Nacional de Publicidade en Radio > 1º premio - Categoría Entidades Financeiras Concurso Nacional de Publicidade en Radio > 2º premio - Categoría Entidades Financeiras Premio Éter á Actividade Radiofónica
Véxase tamén Ligazóns externas Carlos Souto La Ese Alberto Borrini, Google books. Gustavo Martínez Pandiani, Google books. Ernesto Semán, Google books. Marcelo Bonelli, Google books.
Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Publicistas Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1955