O Río Mandeo nace no Marco das Pías na vertente occidental do Alto dos Moscós, a uns 700 metros de altitude e preto do lugar do Mandeo. Atravesa os concellos de Sobrado, Curtis, Aranga, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos. Forma a ría de Betanzos xunto co río Mendo. A súa conca abrangue 456 km2.

Afluentes O afluente principal do río Mandeo é o río Deo. Xúntanse entre os concellos de Curtis e Aranga, na Castellana. Os outros afluentes son: Portos, Lombaos, Dombrete, Ramalleiro, Lentemil, Portabenza e Zarzo.

Conservación Parte da zona que percorre é un espazo natural protexido desde 2004 coñecido como zona especial de conservación Betanzos - Mandeo.

O Mandeo na cultura popular Respecto á orixe do nome do río Mandeo (ou Mandeu), conta a lenda que os mouros acamparon na beira do río para decidir cal camiño e cal táctica debían seguir. Dous caudillos discutiron defenderon posturas encontradas, sen chegar a un acordo, ata que un deles exclamou "Aquí mando eu", de onde lle vén o nome ó río.

No río Mandeo celébrase en agosto a romaría dos Caneiros.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía , Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo, s.v. Etimoloxía.

Mandeo