Chikusei (筑西市, ちくせいし, Chikusei-shi) é un concello da prefectura de Ibaraki no Xapón. Está situado ó leste da rexión de Kantō e no centro-leste da prefectura, e na área da provincia histórica de Hitachi, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 205,35 km², a poboación é de 109.160 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 532 h/km².
O concello de Chikusei limita cos concellos de Yūki, Yachiyo, Shimotsuma, Tsukuba, Sakuragawa (que son da prefectura de Ibaraki); de Oyama e Mooka (que son da prefectura de Tochigi).
Historia A cidade de Chikusei foi fundada pola fusión do concello da cidade de Shimodate e tres concellos de vilas do distrito de Makabe (Sekijō, Akeno e Kyōwa) no ano 2005.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Chikusei . Sitio web oficial da cidade de Chikusei .
Categoría:Prefectura de Ibaraki Categoría:Concellos do Xapón