A República Centroafricana é un dos países menos desenvolvidos do mundo cun PIB per cápita de 700 dólares anuais, deficientes comunicacións e un sistema educativo e de formación case inexistente. A maior parte da poboación dedícase á agricultura de subsistencia e a extracción de produtos forestais. A agricultura é responsábel por máis da metade do produto interior bruto. Para o propio consumo cultívase millo, iñame, mandioca e banana. Para exportación cultiva-se café, algodón e tabaco. thumb|left|Traballador manual O sector madeireiro, cunha explotación de recursos sen control, constitúe unha parte substancial das exportacións. A extracción mineral, a excepción dos diamantes, ouro e uranio, está inexplorada.
A industria depende do sector mineiro e pequenas empresas; e o sector de servizos é, sobre todo, público. Os recursos enerxéticos propios son escasos e o país depende do exterior, con excepción dalgunhas centrais hidroeléctricas. O petróleo é importado do Camerún.
Os principais factores que dificultan o desenvolvemento do país son súa posición central no continente, sen saída para o litoral, un sistema de transportes deficiente, unha man de obra pouco cualificada, e o legado da falta dunha planificación macroeconómico. A loita entre o goberno e faccións rebeldes é outro complicador para a recuperación económica.
Notas