Toride (取手市, とりでし, Toride-shi) é un concello da prefectura de Ibaraki no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao suroeste da prefectura, na área da provincia histórica de Shimōsa, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 69,96 km², a poboación é de 109.520 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.570 h/km².
O concello de Toride limita cos concellos de Moriya, Tsukubamirai, Ryūgasaki, Tone (que son da prefectura de Ibaraki); de Kashiwa e Abiko (que son da prefectura de Chiba).
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Toride .
Categoría:Prefectura de Ibaraki Categoría:Concellos do Xapón