A familia de Filipe IV, coñecida popularmente dende o século XIX como As Meninas (en castelán, La familia de Felipe IV e Las Meninas, respectivamente), é probabelmente a obra máis importante do pintor español Diego Velázquez e unha das obras mestras do período denominado Século de Ouro. Está datada no ano 1656, segundo Antonio Palomino, e esta data é unanimemente aceptada pola crítica, e se corresponde co último período estilístico do artista, o de plena madurez. É unha pintura realizada ao óleo sobre un lenzo de grandes dimensións e onde as figuras que aparecen no primeiro plano están representadas a tamaño natural.
Está exposta na actualidade no Museo do Prado de Madrid. Trátase dunha das obras pictóricas máis analizadas e comentadas no mundo da arte.Marías 1999, p. 157
Contexto
Corte de Flipe IV Cando Velázquez pintou este cuadro en 1656, durante o reinado de Filipe IV, penúltimo monarca da dinastía dos Austrias, había máis de dez anos que caera en desgraza o valido conde-duque de Olivares (1643) e oito anos da Paz de Westafia (1648) coa que rematara a Guerra dos Trinta Anos e que poñía de manifesto a decadencia final do reinado. Naquel ano, o rei xa estaba moi envellecido e con signos evidentes de cansanzo físico e vital como tamén quedara de manifesto noutra obra, Retrato de Filipe IV, que realizara o propio Velázquez (entre 1656 e 1657. Foi neste mesmo ano de 1657 cando Inglaterra e Francia pactaron o reparto das posesións españolas en Flandres, comezando un duro ataque contra a monarquía española, que terminou coa derrota de Dunkerque na batalla das Dunas pola parte de Felipe IV e a firma do Tratado dos Pireneos imposto en 1659. Nese Tratado, establecíase o matrimonio entre o rei de Francia, Lois XIV, e a infanta María Tareixa, filla de Filipe IV. Velázquez, debido ao seu cargo na corte española, tivo que se desplazar á Illa dos Faisáns para preparar este encontro; pouco despois desta viaxe, finou en Madrid.Corti 1979: p. 16.
Sociedade e vida cultural miniatura|esquerda|80px|Cruz da Orde de Santiago. No reinado de Filipe IV había uns trinta mil cortesáns. Entre as grandes paixóns do monarca, que deixara o goberno practicamente nas mans do conde duque de Olivares, atopábase o teatro; escribía comedias que el mesmo representaba perante a corte.Reichold & Graf (2006), p. 104
Dende os anos 1650, Velázquez tiña sona de ser un gran coñecedor das artes e gran parte da colección do Museo do Prado, coma obras de Tiziano, Rafael Sanzio e Rubens, foi adquirida e organizada baixo a súa dirección.Alpers (2005), p. 183 Velázquez posuía asemade dende 1652 o cargo de Apousentador Real da corte,Morales (1989) p. 239 polo que tivo que realizar unha viaxe á Illa dos Faisáns para preparar o encontro entre Lois XIV e María Tareixa de Austria, filla de Filipe IV, cuxo matrimonio fora amañado. Á volta desta viaxe finou en Madrid, sendo enterrado o 6 de agosto de 1660 coas vestimentas e a insignia de cabaleiro da Orde de Santiago, distinción que tanto ansiou acadar en vida. Disque foi Filipe IV quen, despois da morte do pintor, engadiu ao cadro de "As Meninas" a cruz desta orde sobre o peito da figura de Velázquez.Reichold & Graf (2006), pp. 104-105 Descrición global do lenzo A modo de motivo central aparece a infanta Margarida, aínda que a pintura ten outros personaxes, incluído o propio Velázquez. O artista resolveu con grande habilidade tódolos problemas de composición de espazo, perspectiva e luz, grazas ao dominio que tiña no tratamento das cores e as tonalidades, xunto coa gran facilidade para caracterizar os propios personaxes.Volumen 13, (1982), Historia Universal del Arte, Madrid, Sarpe, ISBN 84-7291-601-4 Un espello colocado na parte do fondo da escena reflicte as imaxes do rei Filipe IV e mais da súa dona Mariana de Austria, segundo uns historiadores entrando na sesión de pintura,Fernández (1996), p. 116 e segundo outros, posando para seren retratados por Velázquez; neste último caso serían a infanta Margarida canda seus acompañantes, quen entrarían na estancia para observaren a pintura dos reisJusti (1999), p. 645 ou para distraelos.Wolf (2000), p. 19
O título O lenzo figuraba nos inventarios do Real Alcázar de Madrid co nome de "O Cadro da Familia", recollido no inventario no ano 1666 coa seguinte descrición:
Posteriormente, en 1794, aparece recollido no inventario co título "A Familia de Filipe IV".López-Rey (2001), p. 310
Máis tarde, aparece catalogado no Museo do Prado en 1843 polo seu director, don José de Madrazo, co nome de "As Meninas" ,DD. AA. (2004). Volumen 13, La Gran Enciclopèdia en català, Barcelona, Edicions 62, ISBN 84-297-5441-5 título que tivo salientábel éxito literario e que perdurou ata a actualidade. Este título foi elixido en referencia a dous personaxes que aparecen no cadro e en relación coa descrición que fai deste o pintor e escritor Antonio Palomino de Velasco na súa obra Museo pictórico. Segundo este autor "dúas damas acompañan á infanta; son dúas meninas". A palabra "menina" é de orixe portuguesa, sendo equivalente á forma feminina de "paxe". Chamábanse así as fillas de personaxes de nobreza que entraban en Palacio en calidade de damas de honra das infantas, acompañándoas no seu séquito a todas as horas. Só recibían esta denominación ata que chegaba o momento da súa posta de longo, polo que se trataba sempre de damas moi novas.Justi, Carl, (1999) p. 644
Outros títulos que aparecen nos inventarios son: A señora emperatriz infanta de España coas súas damas e criados e unha anana, onde se retratou o pintor a si mesmo pintando (por referencia á infanta Margarida, futura emperatriz de Austria) e A infanta María Tareixa (sendo tal referencia errónea) no ano 1747, momento no que se taxa por un valor de 25.000 dobróns.Justi, Carl, (1999) p. 650
Historia do cadro miniatura|esquerda|200px| Infanta Margarida de Austria, personaxe central de As Meninas. Antonio Palomino de Velasco escribiu unha biografía moi extensa e pormenorizada do pintor Velázquez. Moitos dos datos tirounos dos relatos de Juan de Alfaro, un pintor discípulo de Velázquez durante os últimos anos da súa vida. A través de devandita biografía, pódense coñecer algunhas das circunstancias que rodearon a obra.
O cadro rematouse en 1656, data que encaixa coa idade que aparenta a infanta Margarida (uns cinco anos). O rei Filipe IV e a súa dona Mariana de Austria, entraban decote no obradoiro do pintor, conversaban con el e ás veces ficaban alí bastante tempo véndoo traballar, totalmente fóra do protocolo. Isto era algo moi habitual na vida normal de Palacio e Velázquez estaba afeito a estas visitas. De aí xurdiu a idea da confección do cadro tal e como o realizou. O lugar no que traballaba Velázquez era unha sala ampla do baixo do antigo Alcázar de Madrid, que fora o apousento do príncipe Baltasar Carlos, finado en 1646, dez anos antes da data de realización de "As Meninas". Cando o príncipe morreu, reutilizouse esta estancia coma taller do pintor. Este lugar é o que aparece retratado no cadro, por iso o ambiente que se observa ten un aire cotián e familiar.
Segundo o inventario redactado trala morte de Filipe IV (en 1665), o cadro estaba localizado no seu despacho, para onde fora orixinalmente pintado. Estaba pendurado xunta unha porta e á dereita tiña un fachineiro. Pénsase que o pintor deseñou o cadro expresamente para o devandito lugar, coa fonte de luz á dereita da pintura, e que incluso o concibiu coma un truco visual: como se o salón de "As Meninas" se prolongase no espazo real no lugar onde se expuña o cadro.
Nunha queima que destruíu o Alcázar de Madrid en 1734, este cadro e moitas outras alfaias artísticas tiveron que ser rescatadas ás présas, sendo algunhas cortadas dos seus marcos e guindadas polas fiestras.Fraguas, Rafael (2006) Un incendio que cambió la historia, Diario El País, Madrid. Acceso: 23-10-2008 A este suceso atribúeselle a deterioración (ou burato) na fazula esquerda da infanta, que foi restaurado na época cun bo resultado polo pintor real Juan García de Miranda.López-Rey (1999), pp. 306-310 O cadro reaparece nos inventarios do novo Palacio de Oriente, ata que foi trasladado ao Museo do Prado. En 1984, no medio dunha forte polémica, foi restaurado baixo a dirección de John Brealey, experto do Museo Metropolitano de Nova York. A restauración limitouse máis ben a retirar capas de verniz que se tornaran amarelas e alteraban o efecto das cores, dando coma resultado o aspecto actual da obra.Cuna, Felipe (2002). Restaurador de Las Meninas, El Mundo, Acceso: Octubre de 2008.
Descrición polo miúdo O cadro está ambientado no estudo de Velázquez no palacio alcázar de Filipe IV en Madrid.Alpers (2005), p. 185 A sala de teitos altos preséntase, nas palabras de Silvio Gaggi, como "unha caixa sinxela que podería dividirse nunha cuadrícula en perspectiva cun único punto de fuga".Gaggi (1989), p. 1
Personaxes miniatura|250px|Numeración dos personaxes de "As Meninas". A localización dos personaxes correspóndese coa numeración indicada na ilustración da dereita:
1- A infanta Margarida, a primoxénita dos reis, é a figura principal. Ten cinco anos e está acompañada das súas meninas e doutros personaxes. Vai vestida co gardainfante e a vasquiña gris e crema. É a alegría dos seus pais coma única supervivente de varios fillos do matrimonio que foron nacendo e morrendo. A infanta Margarida foi a persoa da familia real máis retratada por Velázquez, xa que dende moi nova estaba comprometida en matrimonio cun parente materno e, cada certo tempo, enviábanse retratos realizados por Velázquez para informar a Leopoldo I sobre o aspecto da súa prometida. Consérvanse dela retratos sobresaíntes no Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena. Velázquez retratouna por primeira vez cando aínda non tiña dous anos de idade. Esta pintura atópase en Viena e considérase coma unha das xoias da pintura infantil-Justi (1999), p. 610. 2- Dona Isabel de Velasco, filla de don Bernardino López de Ayala y Velasco, Conde de Fuensalida, e Xentilhome de Cámara da súa Maxestade. Contraeu matrimonio co Duque de Arcos e morreu en 1659, tras ser dama de honra da infanta. Está sita á esquerda da infanta Margarida, de pé, vestida coa saia ou vasquiña de gardainfante, en actitude de facer unha reverencia. 3- Dona María Agustina Sarmiento de Sotomayor, filla do Conde de Salvaterra e herdeira do Ducado de Abrantes por vía materna, contraeu posteriormente matrimonio co Conde de Peñaranda, grande de España. É a outra menina, está sita á dereita da infanta, que lle pide un pouco de auga para beber e dona Agustina ofrécelle sobre unha bandexa un búcaro (unha vasilla feita de arxila porosa e perfumada que refrescaba a auga). A menina inicia o xesto de axeonllarse ante a infanta, xesto propio do protocolo de palacio.Justi, Carl, (1999), p. 644 4- Mari Bárbola é a anana hidrocéfala sita na parte dereita da obra. Entrou en Palacio no 1651, ano no que naceu a infanta e acompañábaa sempre o seu séquito.Gómez de la Serna, Ramón, (1999). Don Diego de Velázquez (1599-1660), Galaxia Gutenberg. NIPO 176-99-180-1. 5- Nicolasito Pertusato, anano italiano, situado ao carón de Mari Bárbola, está a golpear co seu pé un mastín de aire quedo pintado en primeira liña. Nicolasito chegou a ser axuda de cámara no Palacio. 6- Dona Marcela de Ulloa, situada detrás de dona Isabel. Porta vestimentas de viúva. Era a Camareira Maior (ou garda maior da princesa), viúva de don Diego de Portocarrero e nai do Cardeal Portocarrero. Anteriormente, servira tamén á Condesa de Olivares. 7- Segundo estudos recentes, pénsase que o gardadamas que está medio en penumbra á beira de dona Marcela de Ulloa é don Diego Ruiz Azcona, prelado vasco de familia fidalga que fora Bispo de Pamplona e Arcebispo de Burgos, que ostentaba o cargo de Aio dos Infantes de España.