Óscar Gómez Pérez, nado en Allariz o 24 de xullo de 1968, é un exfutbolista galego. Xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria Óscar comezou a súa carreira deportiva como sub-20 xogando no Arenteiro do Carballiño, debutando nun partido de máxima rivalidade co CD Ourense, conseguindo anotar un dos goles que servirían para obter a vitoria. Posteriormente pasou ao Deportivo da Coruña B para, en 1988 chegar ao primeiro equipo. Máis tarde xogou no CD Ourense e CF Puente para regresar novamente ao Carballiño na tempada 1999-00.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Allariz Categoría:Futbolistas da provincia de Ourense Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes