Emerson Moisés Costa, nado en Río de Xaneiro o 12 de abril de 1972, é un exfutbolista brasileiro. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria Emerson comezou a súa andaina xogando en Portugal para o equipo lisboeta de Os Belenenses durante as tempadas 1992-94, militando posteriormente no FC Porto na campaña 1994-96, conseguindo aquí dous títulos de liga. Despois foi traspasado ao Middlesbrough inglés, onde militou a tempada 1997-98, pasando posteriormente ao CD Tenerife, equipo con que descendería á Segunda División. No ano 2000 foi contratado polo Deportivo da Coruña, ao que se incorporou e finalmente entrou nos plans do adestrador Javier Irureta para formar parte do cadro de 27 xogadores inscritos para a Champions League. Durante a súa etapa no Deportivo conseguiría a Supercopa de España. En agosto de 2002 foi transferido ao Atlético de Madrid.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Perfil en zerozerofootball.com
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores do Coritiba FC Categoría:Xogadores do CF Os Belenenses Categoría:Xogadores do FC Porto Categoría:Xogadores do Middlesbrough FC Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Rangers FC Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do Skoda Xanthi FC Categoría:Xogadores do AEK Atenas FC Categoría:Xogadores do APOEL FC Categoría:Xogadores do Madureira Esporte Clube