La Grande y Felicísima Armada foi o nome que lle deu Filipe II á gran frota que armou en 1588 para invadir Inglaterra durante a Guerra anglo-española de 1585-1604 e máis coñecida comunmente polo nome que lle deron despectivamente os ingleses como Armada Invencible. O envío por parte de Filipe II desta frota, coa intención de invadir e controlar a política exterior inglesa (principalmente no referente á pirataría e a guerra de Flandres), supuxo o comezo das hostilidades dunha guerra na que finalmente España conseguiu que Inglaterra solicitase a paz e asinase un tratado favorable aos intereses da monarquía hispánica en Londres (1604).
No entanto, esta campaña naval considérase unha derrota española, tanto pola perda de navíos debida ás inclemencias meteorolóxicas, como pola épica loita entre os dous titáns que impediu o desembarco de 30.000 homes nas costas inglesas. Aínda así, despois do forte temporal fronte a Escocia e Irlanda, máis da metade dos navíos lograron chegar de volta ás costas españolas. Con todo isto, a supremacía española nos mares permanecería indiscutida ata a Batalla das Dunas (1639).Quesada Fernando, Os mitos de Rocroi, nº 97 de A aventura da Historia, Arlanza Edicións, Madrid, novembro de 2006 Ademais a súa posición como primeira frota do mundo afianzouse aínda máis cando os ingleses crearon a súa Armada Inglesa un ano despois desta operación, e fracasaron igualmente fronte ás costas de Galicia e Lisboa.
Debía mandala o almirante de Castela Don Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz, pero morreu pouco antes da partida da frota, sendo substituído a fume de carozo por Alonso Pérez de Guzmán (VII duque de Medina-Sidonia), Grande de España. Estaba composta por uns 127 barcos sendo 122 os que entraron no Canal da Mancha. O plan A idea de Filipe II era percorrer a Canle da Mancha e recoller un exército español de 30.000 homes dirixido por Alexandre Farnesio (duque de Parma) que pasarían a canle en barcazas protexidos pola frota para desembarcar na costa do condado de Kent.
Os preparativos miniatura| Alonso Pérez de Guzmán, foi comandante en xefe da Armada Española e dirixiuna durante a tráxica aventura da "Armada Invencible". O 19 de febreiro de 1588, Alonso Pérez de Guzmán recibe o anuncio da morte do Marqués de Santa Cruz e a orde de partir a Lisboa. A Grande e Felicísima Armada queda sen o arquitecto que a deseñou e Filipe II encomenda o mando da empresa a Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga, VII Duque de Medina-Sidonia, quizais por razóns máis políticas que militares, quen non ten menos reparos na misión que o seu predecesor.
É fácil comprender a desesperación do duque quen, segundo algúns autores afirman, declarara de si mesmo «non son home de mar, nin de guerra», aínda que no seu descargo e segundo as cartas enviadas ao rei podemos ler en concreto:
Así, o fácil de comprender neste caso eran as súas preocupacións en relación á prema que esixía o rei e o mal estado daquela armada. Unha armada mal abastecida, sen o persoal necesario nin o apropiado. Unha armada deseñada apresuradamente que el tiña que dispor nun demasiado curto espazo de tempo e sen apenas homes (9.000):
Contratempos
Apenas levantou áncora a armada desde Lisboa, as galernas dispersaron a frota fronte á Coruña, empurrando algúns barcos ata o sueste de Inglaterra, e a outros cara ao golfo de Biscaia. Levou máis dun mes volver reunir a frota. Pola súa banda, o duque de Medina-Sidonia volveu aconsellar unha vez máis ao rei que desistise da empresa ou que o relevase do mando.
Ao mesmo tempo, os ingleses enviaron á desesperada unha frota de guerra destinada a enfrontarse á Grande Armada mentres esta se achaba amarrada na Coruña, pero as condicións meteorolóxicas eran tan malas que os ingleses nin sequera conseguiron chegar a España e tiveron que regresar aos seus portos.
A partir do 22 de xullo, cando alcanzaron o golfo de Biscaia, as fortes tormentas e o estado do mar provocaron que para o 28 do mesmo mes unha parte da frota (40 barcos) se perdese e separase do resto. Tiveron que pasar outros dous días máis para que os barcos perdidos regresasen ao groso da frota.
Desafortunadamente para eles xa foran avistados polo barco inglés Golden Hind, comandado esta vez por Thomas Fleming, quen tivo tempo de dar a voz de alarma mentres a «Grande» aínda se recompuña.
Cando a Armada alcanzaba a altura de Fowey, os faros costeiros ingleses xa anunciaban a súa presenza.
Deste feito, o aviso de Fleming a Drake sobre a chegada española, nace unha das moitas, aínda que pouco probable, lendas ou mitos sobre o comentario de Drake cando xogando aos birlos en Plymouth Hoe lle chegou a noticia do avistamento da «Grande»:
O que si é certo e un feito é que a frota inglesa fondeada en Plymouth non tiña posibilidades de partir, xa que nin o tempo nin o mar o permitían nese momento. Coa brisa en contra e a subida da marea, a frota inglesa atopábase atrapada no porto. Ademais neses mesmos instantes a Armada Invencible navegaba vento a favor, a barlovento.
Algúns historiadores, moitos dos cales basean a derrota na incompetencia de Medina-Sidonia, afirman que o segundo ao mando, Diego Flórez Valdés (tamén se barallan outros nomes como Oquendo e Recalde), suxeriu ao comandante da frota sorprender aos ingleses mentres se atopaban incapacitados no porto. Pero é de supor, e non deixa de ser outra conxectura aínda que probable, que Medina-Sidonia, levado pola obediencia cega ao seu rei, tiña unhas directrices inamovibles que seguir: «reunirse custase o que custase coas tropas que esperaban en Flandres e lanzarse sobre Inglaterra en canto lles fose posible».
De xeito evidente era un plan simple que aquela inmensa e potente frota podería completar sen problemas, dada a estimación feita sobre a frota inimiga.
Parece habitual que se mencione reiteradamente a devandita incompetencia de Medina-Sidonia, pero doutra banda, algúns autores consideran que sempre actuou elixindo a mellor e máis coherente das opcións para a frota.Carlos Gómez-Centurión, La Armada Invencible, Biblioteca Básica de Historia (Monografías), Anaya, Madrid, 1987, ISBN 84-7525-435-5 Así, en definitiva, non parece haber constancia da advertencia do segundo sobre atacar a frota inglesa en porto e as afirmacións, quizais esaxeradamente humildes dado o seu carácter modesto e obediente, de Pérez de Guzmán sobre si mesmo puideron contribuír a esta idea de incompetencia sobre o seu liderado da frota en materia militar.
A batalla Primeiros encontros miniatura|280px|Mapa da ruta seguida polos navíos da Armada Invencible. O 31 de xullo, a frota inglesa comeza a atacar timidamente a Armada Invencible e, á marxe das primeiras tomas de contacto e estimación do poderío adversario, realízanse por parte inglesa os primeiros ataques con tímidos canoneos a longa distancia. Nunha destas refregas ocorren dous accidentes non tan importantes para a «Grande» como o botín conseguido polos ingleses: pérdense dous galeóns españois, o navío insignia de Pedro de Valdés ao mando da frota andaluza (11 navíos), San Salvador, e o Nuestra Señora del Rosario.
No primeiro parece ser que explota a santabárbara do buque, o pánico e desconcerto do persoal a bordo fan que este se entregue e quede a mercé de Drake. De novo, algunhas lendas afirman que foi a consecuencia dun acto de sabotaxe inglesa, pero tampouco hai constancia de nada que se pareza a este feito.
O outro galeón, o Nuestra Señora del Rosario, nunha manobra de abordaxe sobre un navío inglés, choca contra o Santa Catalina, quedando inutilizado o seu mastro e, polo tanto, sen posibilidade de facer fronte a ningún ataque... Corre a mesma sorte que o San Salvador, queda a mercé dos ingleses xunto coa súa tripulación e ambos acaban nos portos de Weymouth e Dartmouth, Devon, respectivamente.
A perda de dous navíos importantes como os mencionados, así como as pequenas refregas, non foron tan graves para os españois como o botín conseguido polos ingleses, xa que, polo menos un deles, ía repleto de víveres, munición (aínda que pouco quedaría do San Salvador) e demais material para o aprovisionamento da «Grande». Dadas as circunstancias posteriores e as dificultades da Armada para fondear en Flandres, ambos os navíos quizais fosen dunha importancia cualitativa.
Aínda así, parece evidente que dous galeóns dos 137 navíos españois non parecía, naquel momento, unha gran perda cuantitativa. Cando os problemas empezaron a superar á «Felicísima», calquera navío, por pouco importante que parecese, converteuse en vital para o seu obxectivo.
A Canle miniatura|280px|Derrota da armada invencible, pintura de Philippe-Jacques de Loutherbourg (1796). O 2 de agosto de 1588, á altura das Gravelinas, a Grande Armada tivo a súa primeira e única escaramuza importante contra a frota inglesa mandada por sir Francis Drake.
Os ingleses envorcaron toda a súa furia artilleira sobre os españois, e finalmente Drake enviou varios barcos en chamas (brulotes) contra a frota española, que trataba de illar o barco de Drake. Os ingleses intentaron deter a Grande Armada ata esgotar totalmente a súa munición, pero tras constatar a superioridade e a potencia de fogo española, a frota inglesa deuse á fuga, levando novamente a Inglaterra noticias dunha Armada Invencible. Con isto queda desmentida a teoría da superioridade canoneira inglesa; os feitos históricos describen unha actuación máis típica dunha frota inferior enfrontándose na medida das súas posibilidades a outra moi superior e máis poderosa, coa esperanza de atrasar na medida do posible a inevitable invasión de Inglaterra.
Este foi o maior enfrontamento naval da Grande e Felicísima Armada contra a mariña inglesa, resultando un barco afundido e outros seriamente avariados, 300 vítimas por parte española fronte a uns 200 mortos polo lado inglés. Débese destacar que os españois non consideraron a posta en fuga da frota inglesa como unha vitoria naval, pois ademais de sufrir máis vítimas, o seu obxectivo durante o combate non era xa a destrución da frota inglesa, senón a captura de Francis Drake.
A estes feitos seguiron as grandes dificultades da Grande Armada para recalar nos portos flamengos e un empeoramento repentino das condicións meteorolóxicas na zona, o que levou a frota inglesa a recalar nos seus portos esperando un milagre, e á dispersión da española cara ao Mar do Norte e o Mar de Irlanda cos subseguintes desastres e afundimentos nas abruptas e tormentosas costas británicas, que causaron un gran número de baixas entre os españois.
Así pois, o desastre da Grande e Felicísima Armada ha de ser considerado, desde un punto de vista obxectivo, un gran fracaso español e non unha gran vitoria militar inglesa, como tantos historiadores e cronistas anglosaxóns pretenderon mostrar durante séculos.
Cóntase que á volta da Armada a España, Filipe II dixo: «Eu enviei ás miñas naves a pelexar contra os homes, non contra os elementos». Con todo, moitos autores opinan que esa frase é falsa. Máis ben apuntan a que Filipe II sufriu unha crise de fe ao verse abandonado naquela misión que consideraba sacra. Na marxe dunha das cartas enviadas ao duque de Parma, autores como Carlos Gómez-Centurión dan por escrita polo propio rei a frase: «No que Deus fai non hai que perder nin gañar reputación, senón non falar diso».
Terxiversacións históricas 150px|miniatura|Álvaro de Bazán Quizais a primeira e a máis estendida das terxiversacións que sucederon ao desastre da Armada é precisamente a de traducir o devandito desastre nunha vitoria militar inglesa.
O abandono da pretensión de invadir Inglaterra por parte da Armada débese atribuír principalmente á morte en febreiro de 1588 por febres tifoides do xenial almirante que deseñara a Armada e que estaba destinado a mandala, don Álvaro de Bazán, e á imposibilidade de utilizar libremente os portos de Flandres debido ao levantamento contra o dominio español que se daba naquela zona.