Alfonso Vilar Lamelas, nado en Rouxique (Vilalonga, Sanxenxo) o 15 de setembro do 1927 e finado en Pontevedra o 24 de xaneiro de 2011, foi un escultor galego.
Traxectoria Comezou a súa andaina artística grazas a unha bolsa concedida pola Deputación de Pontevedra. Na súa estadía en Santiago de Compostela foi alumno de Francisco Asorey. Tamén estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid, coincidindo cos escultores Juán Cristóbal e Enrique Pérez Comendador. Foi un dos promotores da Escola de Canteiros de Poio. Aínda que destacou como escultor, sendo un dos máis destacados na Galicia do século XX, tamén cultivou a pintura e outras formas de expresión artística.
De estilo clásico, realista e con trazos expresionistas, a súa escultura é unha mestura do clasicismo rexionalista galego do século XIX, as vangardas dos anos trinta e as tendencias escultóricas de posguerra aprendidas na súa etapa en Madrid da década de 1950.
Ademais da escultura funeraria tamén abordou os retratos e a temática mariñeira. As súas numerosas obras públicas son un bo exemplo do seu traballo.
Obra pública Monumento ó pescador, 1956, Praza do Berbés, Vigo. Monumento ó Dr. José Touriño Gamallo, 1960, Alameda, Marín. Cormorán, 1960, Con d'Arbón, Sanxenxo. Monumento á muller do emigrante, 1961, As Corbaceiras, Pontevedra. Monumento ó Dr. Jacobo Otero Goday, 1962, Avenida dos Irmáns Otero Goday, O Grove. O mariscador, 1968, Xardíns da Calzada, Cambados. Aviador Piñeiro, 1970, Praza do aviador Piñeiro, Sanxenxo. Familia mariscadora, 1972, Praza do Corgo, O Grove. Monumento a Fleming, 1976, Xardíns Fleming, Vilagarcía de Arousa. Recordo a José Franco Santos, 1976, Xardín da igrexa parroquial, O Grove. Monumento ao soldado descoñecido, 1986, Gran Vía de Montero Ríos, Pontevedra. Monumento a Alexandre Bóveda, 1986, Praza de Curros Enríquez, Pontevedra. Monumento a Castelao, 1987, Alameda, Redondela. Monumento a Alejandro Cerecedo Millán, 1993, Xardíns Fleming, Vilagarcía de Arousa. Monumento a Ventura, 1994, O Corgo, O Grove. Homenaxe ó Dr. D. José Martínez García, 1995, Mosteiro de Poio. Madama, 1995, Praia de Silgar, Sanxenxo. Monumento a Felipe "Pantera" Rodríguez, 2001, Parque de Vilaxoán. Monumento a Diosiño, 2009, Lérez.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía Escultura Urbana. (Revista Dixital). ISSN 1988-5954
Ligazóns externas Vigo en fotos de Javier Albertos . Escultura Urbana (Revista Dixital)
Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2011