miniatura|300px|Adrianne Curry gañadora do primeiro ciclo America's Next Top Model é un programa de telerrealidade da televisión estadounidense que consiste nunha competición na que se elixe unha muller á que lle dan unha oportunidade para comezar unha carreira como modelo profesional por medio de contratos publicitarios e aparición en revistas de moda. Tyra Banks, antiga modelo, é a creadora, xuíz principal e presentadora do programa, tamén é a produtora xunto con Ken Mok e Anthony Dominici. A primeira edición, denominada ciclo, comezou o 20 de maio de 2003 na United Paramount Network, converténdose nun dos seus programas máis vistos, desde 2006 emítese na súa sucesora, The CW Television Network, onde é con diferenza o programa máis visto.

O tema da apertura cántao Tyra Banks producido por Rodney "Darkchild" Jerkins.

Gañadora Adrianne Curry Yoanna House Eva Pigford Naima Mora Nicole Linkletter Danielle "Dani" Evans CariDee English Jaslene Gonzalez Saleisha Stowers Whitney Thompson Brittany "McKey" Sullivan Teyona Anderson Nicole Fox Krista White Ann Ward Brittani Kline Lisa D'Amato

Categoría:Concursos de televisión