300px|miniatura|Cervexa 'pale' xaponesa cun aperitivo típico do Xapón: 枝豆. As cervexas do tipo lager pálida ou pale lager son do tipo lager e abarcan unha ampla gama que pode ir dende as pale (en inglés: pálida) até as máis douradas. Todas elas teñen un atenuado sabor a lúpulo. A maioría das cervexas elaboradas na actualidade son deste tipo, e a miúdo empregan diferentes cereais como o arroz ou o millo como adxuntos (grit) para proporcionar corpo á cervexa.
Variantes Existen diferentes tipos de pale lager (lager pálidas) e inclúen:
Pilsener — Trátase da lager máis orixinal, elaborada orixinalmente na cidade checa de Plzeň; a maioría das pale lagers coa denominación Pilsner teñen un aroma e sabor amargo por mor do lúpulo. Dortmunder Export — Unha versión máis suave elaborada orixinariamente na cidade alemá de Dortmund no ano 1873. Helles — Unha versión máis suave da pale lager elaborada en Múnic, orixinariamente era a única competidora contra a Pilsner. Unha versión máis forte da cervexa coñecida como Wiesen ("estilo sabio") substitúe a miúdo ás cervexas de tipo Märzen no Oktoberfest. Lager de estilo americano — A primeira Lager elaborada en América na parte antiga da cidade de Filadelfia polo cervexeiro John Wagner en 1840 empregando lévedo da súa nativa Baviera. Cervexa seca - É o estilo máis popular en Xapón, deseñada para minimizar o retro-gusto. É unha cervexa moi pálida e cun extremado sabor a lúpulo. Spezial - É o estilo máis forte de pale lager, elaborado e servido a miúdo no sur de Alemaña, e presente tamén en Austria e Suíza. Ocupa posición entre a Helles e o Bock en termos de sabor e fortaleza.
Véxase tamén Bibliografía Noonan, Gregory J., Mikel Redman and Scott Russell. Seven Barrel Brewery Brewers' Handbook. Ypsilanti, Michigan: G.W. Kent, Inc., 1996. ISBN 1-887167-00-5. Outros artigos Lager Elaboración da cervexa
Categoría:Tipos de cervexa
en:Pale lager es:Pale lager no:Lager (øl) simple:Lager zh:拉格