Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño (Os Vilares,Daquela Os Vilares pertencía ao concello de Trasparga, creado en 1840 e desaparecido o 29 de novembro de 1945. Guitiriz) o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego. O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG e o instituto de Guitiriz IES Poeta Díaz Castro leva o seu nome.

A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas do ano 2014. Os outros escritores propostos foron Ricardo Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Fiz Vergara Vilariño e Ramón de Valenzuela.Actualidade: Novas: Día das Letras Galegas a Díaz Castro páxina da Real Academia Galega, 21/06/2013.

Traxectoria

Fillo de Isidro Díaz Calvo, escribente do concello de Trasparga, e María Manuela Castro López, terceiro de catro irmáns (Antonio, María e Serafín), Xosé María naceu no seo dunha familia labrega. En 1929 ingresou no Seminario de Mondoñedo, onde coñeceu a Aquilino Iglesia Alvariño.

Foi chamado a filas pola súa quinta, destinado ao corpo de sanidade militar na Coruña como padioleiro e practicante. Na guerra civil, tras unha semana na fronte de Asturias, pasou destinado á clínica militar do Hospital de Pontevedra.

No ano 1939 volveu ó seminario, porén o abandona de contado. Iglesia Alvaríño contou coa súa colaboración como profesor no Colexio León XIII, de Vilagarcía de Arousa, do que o de Abadín era o director.

Abandonados os estudos eclesiásticos fixo o bacharelato, acadando o título en 1945, e logo licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca,Artigo Díaz Castro, Xosé María (Parga, Guitiriz 19-2-1914 - Lugo 2-10-1990) da Enciclopedia Galega Universal. especializándose en linguas modernas. En 1948 trasladouse a Madrid, onde traballou como tradutor para organismos oficiais e privados, entre eles primeiramente o Ministerio de Gobernación, en asuntos de seguridade e intelixencia. Despois exerceu a docencia como profesor de linguas clásicas e modernas. Traballou no Consello Superior de Investigacións Científicas,Castro Tomé, Germán, "Díaz Castro alcanza el olimpo de las Letras Galegas al cumplirse su centenario", Mundiario, 6/02/2014 . onde acadou o posto de xefe do Servizo de Información e Documentación do Instituto do Frío. No Instituto de Cultura Hispánica estivo ata 1966, encargado de servizos de tradución de francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas.

miniatura|270px|Seminario de Mondoñedo, onde estudou sete anos. O 10 de agosto de 1954 casou con María Teresa Zubizarreta Bengoechea, natural de Urretxu (Guipúscoa), con quen tivo tres fillos, José Mari, Maite e Íñigo, todos eles nados, tamén, en Urretxu.

Obra Díaz Castro publicou os seus primeiros versos ós dezasete anos na revista Lluvia de rosas de Tarragona, pero foi a súa entrada no seminario, e o contacto con Aquilino Iglesia Alvariño, o que exerceu un estímulo decisivo na súa promoción como escritor e para comezar a escribir en galego Vázquez López, X. F. “A muller na poesía galega de Xosé María Díaz Castro”. Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Ed. de Helena González e M. Xesús Lama. Sada: Ediciós do Castro / AIEG / Filoloxía Galega (Universidade de Barcelona), 2007. ISBN 978-84-8485-266-7, publicando en El Progreso Villalbés o 6 de agosto de 1931 os seus primeiros versos en galego Requeixo, Armando; "Xosé María Díaz Castro poeta de preguerra". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (Universidad Complutense), nº 4, 2001, páx. 99-109 (en Dialnet)., Lembranzas e sospiros. Logo saíron Baix'o o calor (14/10/31), Lá vou, amor (22/01/32), As formigas (28/06/32), Era un contiño de fadas (8/8/32), e posteriormente escribiu dous cadernos de poesía, tamén en galego, Follas verdes en 1934 e Follas ô aire, que inclúe versos de 1932 a 1935, que finalmente quedaron inéditos. Tamén publicou poemas en Vallibria, Mundo de Ahora e Perla del Calvario.Perla del Calvario foi o voceiro dos Padres Pasionistas de Mondoñedo (Armando Requeixo, "Xosé María Díaz Castro poeta de preguerra". Madrygal nº 4, p. 106).

Logo da guerra civil continuou compoñendo. O 16 de agosto de 1946 foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos polo poema El Cántico de la Ciudad en castelán, e por Nascida d'un soño (tres sonetos) en galego.González Tosar, Luís; Díaz Castro: luz e sombra radiantes La Voz de Galicia. Volveron saír poemas seus en galego en publicacións como La Noche, Cartel, Sonata Gallega, Alba ou Ínsula.

Francisco Fernández del Riego inclúeo na súa Escolma da poesía Galega, IV, Os Contemporáneos, publicada por Galaxia en Vigo en 1955, representado por sete poemas. En revistas e xornais diversos viron a luz outros poemas e artigos del en castelán e en galego, coñecéndose arredor de 200 Armando Requeixo (2014) "Limiar" in Díaz Castro, Xosé María Cartafol de Traducións e outros poemas. Consello da Cultura Galega, p. 28 poemas escritos en galego polo autor.

Nimbos

miniatura|Cando Díaz Castro fala da Pastoriza en "Penélope", faino do santuario de Santo Alberte ou da Pastoriza, en S. Breixo de Parga, chamado así por celebrarse nel unha romaría o primeiro domingo de agosto, en honor á Divina Pastora.: "Orixes da escrita: Penélope" 19/2/2016. Con todo, Díaz Castro está considerado autor dunha soa obra,"O autor de Penélope" Consello da Cultura Galega. o poemario Nimbos,Vista previa da edición do ano 2006 de Nimbos ISBN 978-84-8288-965-8, en Google Books. editado en Vigo por Galaxia o 9 de xullo de 1961,A Festa da Palabra homenaxeou a XM Díaz Castro Televisión de Galicia. que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo. Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración do 36 a carón de poetas coma Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño. Na obra, que inclúe revisados os poemas que escolmara Fernández del Riego, móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza. Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, mais sen refugar á esperanza para a súa terra.

A voz poética de Díaz Castro apóiase nunha linguaxe rica e exacta, da que xorde a xusteza da imaxe e o fondo poder evocador que se desprende dos seus versos. Os temas, que aparecen sempre envoltos na roupaxe elegante dun clasicismo exemplar, son os da grande poesía universal: a dor do home, o amor, a paisaxe, os sentimentos relixiosos, a liberdade... Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.Díaz Castro, Xosé María, Nimbos, 1982, Editorial Nacional, Madrid, 72 páx., ISBN 978-84-276-0612-8, en galego e castelán, con presentación de Carballo Calero.

Outras obras Nimbes, Denes: Paiporta-València, 1997, 86 p., tradución de Vicent Berenguer, ISBN 84-88578-38-5, inclúe texto orixinal e versión en castelán do autor. Cartafol de traducións e outros poemas, 2014, ed. de Armando Requeixo. CCG, ISBN 978-84-92923-56-4.Cartafol de traducións e outros poemas en PDF (22,5 MB) 222 páx. Poesía galega completa, 2014, ed. de Armando Requeixo. Deputación de Lugo, Galaxia, ISBN 978-84-9865-524-7."Publicamos a Poesía Galega Completa de Xosé María Díaz Castro" Galaxia, 25/4/2014. Sombras radiantes y otros poemas, 2014, Poesía para el tercer milenio, Eneida, ISBN 978-84-15-45830-2.Sombras radiantes y otros poemas na páxina da Editorial Eneida. Epistolario, 2014, ed. de Armando Requeixo. Galaxia, ISBN 978-84-9865-575-6.

Tradutor dereita|250px Dominaba máis dunha ducia de linguas, e aínda que traduciu ao galego do alemán os Poemas de María de Rainer Maria Rilke fundamentalmente Díaz Castro traduciu ao castelán, lingua na que publicou obras de, entre outros, o sueco Verner von Heidenstam (Premio Nobel de Literatura en 1916), os dinamarqueses Henrik Pontoppidan e Johannes Vilhelm Jensen (premios Nobel de Literatura en 1917 e 1944 respectivamente), o austrohúngaro Rilke, o irlandés William Butler Yeats (Nobel de Literatura en 1923), os estadounidenses T. S. Eliot e Walt Whitman, os ingleses G. K. Chesterton e Frederick Forsyth, o alemán Friedrich Schiller ou os franceses Arthur Rimbaud, Paul Valéry, Alphonse de Lamartine e Paul Claudel.Requeixo, Armando; Unha aproximación a Nimbos de Xosé María Díaz Castro, Eduga, nº 12, maio de 1996, páx. 101-120 (en Dialnet). Traduciu, tamén, ao inglés a Federico García Lorca e a Rafael Alberti.

Recoñecemento O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG e o instituto de Guitiriz IES Poeta Díaz Castro leva o seu nome.

A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor,"Díaz Castro, autor de mil linguas" El Progreso, 7/01/2014. o Día das Letras Galegas do ano 2014. Os outros escritores propostos foron Ricardo Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Fiz Vergara Vilariño e Ramón de Valenzuela.Díaz Castro, o poeta dun só libro que removeu as conciencias galegas Praza Pública.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

et alii; Homenaxe a X. M. Díaz Castro, Xermolos, Guitiriz, 1987, ISBN 84-404-1089-1. , Alfonso; A ascensión dun poeta, Xosé María Díaz Castro, Fundación Caixa Galicia, Lugo, 1995, ISBN 84-89231-17-6.

, Emilio Xosé (2017). Díaz castro: poeta en formación (1914-1939) . Edicións Laiovento. ISBN 84-8487-379-2. , Segundo Leonardo; A ferida da beleza en Nimbos, Instituto Teolóxico Compostelán, 2014, ISBN 978-84-942402-3-2. , Armando, Xosé María Díaz Castro, vida e obra, Editorial Galaxia, Vigo, 2014, ISBN 978-84-9865-516-2. , Xavier; Fulguración e silencio, 2014. Deputación de Lugo, Editorial do Centrad, ISBN 978-84-8192-492-3.

AAVV (2015). Boletín da Real Academia Galega. Número 375, 2014

Outros artigos Antonio Noriega Varela Xosé Crecente Vega Premio de poesía Xosé María Díaz Castro

125px|dereita Ligazóns externas Villares, Ramón; Biografía de Xosé María Díaz Castro na web da RAG 15px Documental A lus do mundo (14'43'') dos alumnos do IES Poeta Díaz Castro, en YouTube. 15px Documental O instante eterno (30'00'') de Xosé Antón Cascudo, na CRTVG. 15px Documental Telexornal Díaz Castro (30'36'') producido polo CPI dos Dices, en YouTube. 15px Documental 7 poemas de Díaz Castro (5'11'') realizado por Luís Aldegunde, en YouTube. 15px Documental A aldea do poeta (25´05") realizado por Marcos Nine, Uned Senior de Xestoso 15px Documental A beleza fireume para sempre. A obra de Xosé María Díaz Castro (20'00'') realizado por Luís Aldegunde, en YouTube. 15px Monográfico do Zigzag diario do 17/02/2014. Interveñen Pilar G. Rego, Blanco Torrado, González Tosar, Armando Requeixo e o propio Díaz Castro.

Categoría:Artigos destacados sobre Galicia