Abdullahi Yusuf Ahmed (en ), nado o 15 de decembro de 1934 en Wardheer, Etiopía e finado o 23 de marzo de 2012, foi o presidente provisorio de Somalia dende o 14 de outubro de 2004, elixido polo Parlamento transitorio nunha sesión celebrada en Nairobi.

Nado en Gaalkacyo, rexión de Mudug, participou, en 1978, nunha tentativa de golpe de estado contra Siad Barre. Co fracaso do movemento, fuxiu para Kenya. Despois tornouse presidente do estado do Puntland.

En 2004 derrotou en eleccións líderes importantes do país, como Cabdiqaasim Salaad Xasan (tamén coñecido como Abdiqasim Salad Hassan). O seu goberno, apoiado por forzas da Etiopía, derrotou forzas islámicas comandadas por Hassan Dahir Aweys e entraron en Mogadixo en 2006.

Categoría:Nados en 1934 Categoría:Presidentes de Somalia Categoría:Finados en 2012