Economía da Illa de JerseyMoeda libra de JerseyOrganizacións comerciais de que fai parte non hai datosDatos estatísticosPIB US$ 5,1 mil millóns (2005)PIB (posición) 159ª no mundo% de crecemento PIB % (2005)PIB per cápita US$ 57 000 (2005)PIB por sector agricultura 1%, industria 2%, comercio e servizos 97% (2005)Inflación anual 3,7% (2006)Poboación abaixo da liña da pobreza non hai datosTotal da forza de traballo 53 560 (2006)% traballadores por sector non hai datosDesemprego 2,2% (2006)Principais industrias turismo, sistema financeiro, produtos de granxa, electrónicos Parcerías comerciaisExportacións (US$) non hai datosPrincipais produtos exportados produtos industriais e eléctricos leves, gando vacún, alimentos, téxtilesPrincipais mercados Reino Unido e Francia, principalmenteImportacións (US$) non hai datosPrincipais produtos importados máquinas e equipamentos de transporte, manufacturados, alimentos, combustibles, produtos químcosPrincipais parceiros Reino Unido e Francia, principalmente Finanzas públicasDébeda externa non hai datosReceitas (US$) 829 milions Despesas (US$) 851 milions (2006)Axuda económica doada ou recibida (US$) non hai datos A economía de Jersey baséase nas finanzas internacionais, responsables por 53% do valor bruto agregado o 2007. Grazas á especialización nalgúns sectores de alta rendibilidade, o poder adquisitivo de Jersey é moi alto, ten unha produción económica per cápita, bastante por diante de todas as grandes economías desenvolvidas. A estimación do PIB per cápita para 2005 foi de 57.000 dólares, cifra que só foi superada por outros dous pequenos estados con similares características económicas: as Bermudas e Luxemburgo.
260px|esquerda|miniatura|Aeroporto de Jersey dando a benvinda en inglés e en Jèrriais. A economía de Jersey baséase nos servizos financeiros, o turismo, o comercio electrónico e a agricultura, os servizos financeiros contribúen aproximadamente o sesenta por cento da economía da illa, e a illa é recoñecida como un dos principais centros financeiros extraterritoriais.
En xuño de 2005 Jersey presentou os Estados da Competencia, co fin de regular a competencia e estimular o crecemento económico. Este dereito da competencia basearase no doutras xurisdicións.
Ademais da súa banca e bases de financiamento, Jersey tamén depende do turismo. En 2006 houbo 729.000 visitantes (un 3% máis que o ano anterior), pero o gasto total de visitantes aumentou tan só un 1%. Hai dispoñibles mercancías libres de impostos para a compra das viaxes cara a e desde a illa.
Os principais produtos agrícolas son as patacas e os produtos lácteos. A fonte de leite de gando de Jersey é unha pequena raza de vaca que tamén se recoñeceu (aínda que non de forma xeneralizada) pola calidade da súa carne. En pequena escala a produción de carne orgánica volveuse a introducir nun esforzo por diversificar a industria.
Os agricultores e os cultivadores adoitan vender os excedentes de alimentos e flores nunhas caixas na beira da estrada, baseándose na honestidade dos que pasan para deixar caer o cambio correcto na caixa de diñeiro e tomar o que queren. No século XXI, a diversificación da agricultura e as modificacións na planificación da estratexia levaron os produtos da granza ás tendas substituíndo moitos dos postos de estrada.
Notas
Jersey