Serra Leoa é unha nación moi pobre con inmensa desigualdade na distribución de renda. A pesar de ter importantes recursos minerais, agrícolas e de pesca a súa infraestrutura física e social non é desenvolvida, e disturbios sociais continúan a dificultar o desenvolvemento económico. Preto de dous terzos da poboación en idade de traballar vive da agricultura de subsistencia. A industria redúcese ao procesado de materias primas e á industria lixeira dirixida ao mercado doméstico.
Hai plans para reabrir as minas de bauxita e rútilo pechadas durante o conflito. A maior fonte de divisas para o país é a extracción de diamantes. Ademais, a partir de agosto de 2003 abríronse as augas territoriais do país, divididas en sete bloques, á exploración de hidrocarburos. O futuro da economía depende en boa medida do éxito destes traballos, do mantemento da paz interna e a continuación da recepción dunha considerable axuda do exterior, que non se poderá estender indefinidamente.
Esta é unha tabela que mostra o crecemento do produto interno bruto de Serra Leoa, en millóns de leones, do 1965 ó 2000:
Ano Produto interno bruto 1965 246 1970 355 1975 572 1980 1 155 1985 4 365 1990 98 386 1995 657 604 2000 1 330 429
Notas