Andry Rajoelina, nado en Antsirabe o 30 de maio de 1974, é un empresario malgaxe, expresidente de Madagascar.

Traxectoria

Asumiu o poder despois do golpe de estado que derrocou a Marc Ravalomanana en marzo de 2009. Presidiu a Alta Autoridade Transitoria de Madagascar até a celebración das eleccións presidenciais en 2013, que gañou Hery Rajaonarimampianina. Nas eleccións de 2018 foi elixido Presidente de Madagascar. En xuño de 2023, a revelación da nacionalidade francesa provocou a apertura dunha investigación parlamentaria, seguida do interrogatorio ao Tribunal Constitucional por un grupo de cidadáns da diáspora malgaxe en Francia.

Categoría:Presidentes de Madagascar Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Madagascar