Jerónimo Figueroa Cabrera, coñecido como Momo, nado nas Palmas de Gran Canaria o 15 de xullo de 1982, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol como profesional na UD Las Palmas B onde permaneceu unha tempada. Con 21 anos subiu ao primeiro equipo onde logra facerse un oco nos onces iniciais desa tempada sendo o xogador revelación de UD Las Palmas esa tempada.

No seu seguinte ano, é traspasado ao Deportivo da Coruña e tachado pola afección amarela como un mercenario. Pero Momo non ten oportunidades no Dépor e ten que irse cedido ao Albacete Balompié, club que acaba descendendo a Segunda División.

Na tempada 2005–06 quédase na Coruña, pero practicamente non xoga case ningún partido e búscaselle outra cesión á tempada seguinte (2006–07). Esta vez foi a recalar nas filas do Racing de Santander, pero de novo tampouco logra facerse un oco no once.

Na tempada 2007–08 non ten sitio no persoal do Deportivo, así que é obrigado a irse outra vez cedido. Nesta ocasión ten que volver a Segunda División varias campañas despois, esta vez para xogar no Xerez CD. Pero grazas a esa campaña e a chegada de Esteban Vigo a metade de tempada, Momo volve conseguir un gran nivel, sendo un dos responsables da salvación do equipo.

O Xerez decide compralo ao Deportivo, o cal non ten problema en deixalo marchar. Na tempada 2008–09, Momo faise coa banda esquerda do equipo e consegue estoupar futbolisticamente logrando ser o pichichi do equipo con 17 goles. Ademais, esa tempada foi nomeado como un dos tres mellores centrocampistas de ataque da Liga Adelante, xunto con Alfaro e Arana.Os mellores da Liga Adelante en LFP.es

En xuño de 2010, logo do descenso do Xerez a Segunda División, Momo fichou polo Real Betis para a tempada 2010–11. Nesa campaña, na que participou en 18 encontros, o equipo ascendeu como líder a Primeira División. Na campaña 2011–12 xogou tan só 2 partidos.

Na tempada 2012–13 firmou polo UD Las Palmas, participando en 13 encontros e anotando 2 goles no seu retorno ao equipo insular.

Estatísticas

ClubTemporadaCompeticiónPartidosGoles10px10pxLas Palmas B2001–02Terceira División261 - -2002–03Terceira División – – – –Las PalmasSegunda División40002003–04Segunda División36340Albacete2004–05Primeira División26110Deportivo da Coruña2005–06Primeira División5010Copa Intertoto1000Racing de Santander2006–07Primeira División13000Xerez2007–08Segunda División320512008–09Segunda División4017502009–10Primeira División26220Betis2010–11Segunda División200102011–12Primeira División2010Las PalmasSegunda División41002012–13Segunda División18311Copa do Rei2110

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos en XerezCD.com Traxectoria en Futbolme.com

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da UD Las Palmas B Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié