A capela da Misericordia ou capela da Nosa Señora da Misericordia é un templo relixioso situado en Viveiro. Está situada no barrio da Misericordia, nos arrabaldes do núcleo urbano, do outro lado da ría de Viveiro, sobre a cal pasa a ponte da Misericordia.

Historia A construción da capela débese ao donativo de Rodrigo Alfonso Alfeirán, quen nunha escritura outorgada ante o escribán de Viveiro Miguel Galo, dispuxo o 29 de xullo de 1603:

Edificio A capela é de estilo renacentista. Na fachada principal ten dúas portas e unha fiestra que remata nunha espadana. No ático da fachada ten un escudo acuartelado cos brasóns das familias Posada, Pallarés, Somoza e Alfeirán.

A planta é unha nave con bóveda de medio canón, dividida por dous arcos torais. Unha reixa separa a nave do altar, cuberto por unha cúpula decorada con frescos do pintor Camilo Díaz.

O altar maior foi proxectado polo escultor Juan Sarmiento, e está adicado á Ascensión da Nosa Señora. No altar do lado do evanxeo hai unha imaxe de Antonio de Padua, e no lado da epístola hai unha imaxe do Ecce Homo da Misericordia.

O Ecce-Homo da Misericordia A imaxe do Ecce Homo situada no altar maior recibe culto en toda a comarca. Atribúenselle numerosas milagres, nas cales se fundou a devoción popular. O primeiro venres de marzo, coñecido como o "día das tres grazas", acoden os devotos axeonllados para pedirlle favores.

miniatura|dereita|O vencello entre o Ecce-Homo e os mariñeiros de Celeiro é unha tradición secular en Viveiro. Na imaxe, o pesqueiro Ecce Homo Glorioso no porto de Celeiro.

Confraría da Misericordia A capela foi sede da extinta Confraría da Nosa Señora. Na actualidade existe a Confraría da Misericordia, que desde o 2007 participa na Semana Santa de Viveiro coa súa imaxe titular, o Ecce-Homo da Misericordia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Igrexas de Viveiro Viveiro Viveiro