miniatura|dereita|300px|Un fieito con follas simples. A división de cada folla non chega ao raque (nervio). No caso de que chegara ao raque a folla sería pinnulada, se á súa vez cada pínnula tivese unha división que chegase ao seu raque, sería bipinnulada, e así sucesivamente.
En botánica, chámase pínnula ou folíolo a cada unha das pezas nas que ás veces se atopa dividido o limbo dunha folla. Cando o limbo foliar está formado por un só folíolo, é dicir non está dividido, dise que a folla é unha folla simple. Cando o limbo foliar está dividido en folíolos dise que a folla é composta.
Segundo o número de folíolos ou pínnulas dunha folla composta podemos diferenciar:
Follas paripinnuladas: aquelas cun número par de pínnulas. Follas imparipinnuladas: aquelas cun número impar de pínnulas. Unha folla pinnulada pode ter á súa vez as pínnulas divididas en pínnulas, estas follas frecuentes por exemplo en moitos fieitos, chámanse bipinnuladas (poden ser incluso tripinnuladas, cuadripinnuladas...)
miniatura|250px|Folíolo
Categoría:Termos botánicos