Jérôme Bonnissel, nado en Montpellier o 16 de abril de 1973, é un exfutbolista francés. Xogaba de defensa.

Traxectoria Comezou a súa carreira en 1992 no equipo da súa cidade natal, o Montpellier HSC. Neste club estivo 4 campañas, nas que participou en 119 encontros e anotou 1 gol.

Na tempada 1996–97 fichou polo Deportivo da Coruña, onde estivo tres campañas. Debutou na primeira xornada, nun encontro contra o Real Madrid en Riazor que rematou con empate (1–1). No Dépor permaneceu 3 campañas.

En 1999 retornou ao fútbol francés para militar no FC Girondins de Bordeaux, club que o fichou en xullo de 1999 ao Deportivo por 7,5 millóns de euros. En xaneiro de 2003 firmou até final da tempada co Rangers FC escocés.

Posteriormente xogou no Fulham FC e no Olympique de Marsella.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Montpellier Categoría:Futbolistas olímpicos de Francia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Montpellier HSC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do FC Girondins de Bordeaux Categoría:Xogadores do Rangers FC Categoría:Xogadores do Fulham FC Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1996