Benito Rubiñán Soutullo, nado en Redondela o 11 de setembro de 1949, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria Rubiñán comezou a súa carreira deportiva xogando nos xuvenís do Club Deportivo Choco, pasando posteriormente ao CD Ourense.

En xuño de 1970 firmou co Deportivo da Coruña, onde xogou en postos de defensa e ataque, destacando pola súa combatividade e velocidade. En xuño de 1973 o Deportivo descendeu a Segunda División e Rubiñán foi traspasado ao Real Madrid CF por seis millóns de pesetas e un partido do Real Madrid en Riazor, equipo no que militou até 1977.

Palmarés Real Madrid Copa do Rei: 1973–74, 1974–75 Liga de España: 1974–75, 1975–76

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com "El Dépor no tiene que venir a Madrid con la cabeza baja" Entrevista a Rubiñán en La Opinión da Coruña

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Deportistas de Redondela Categoría:Futbolistas de Redondela Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do CD Choco Categoría:Nados en Redondela