Apataki é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Arutua. Xeograficamente forma parte das illas Palliser. Está situado a 19 km ao leste de Arutua e a 370 km ao nordés de Tahití.

Xeografía Ten unhas dimensións de 64 km de longo e 47 km de ancho, cunha superficie total, incluída a lagoa, de 703 km². O atol dispón de dous pasos ao interior da lagoa: Aimonu ao noroeste e Haniuru ao suroeste.

A vila principal é Niutahi situada no noroeste xunto ao paso de Aimonu e cun aeródromo preto da vila. Os 429 habitantes (censo de 2002) viven da produción de perlas, da pesca e o cultivo de copra e nono (froito tropical de nome científicoMorinda citrifolia).

Historia Foi descuberto a noite do 21 de maio de 1722 por Jacob Roggeveen que a chamou Avondstond ('noite'). Outro nome histórico do atol é Hagenmeister.

Categoría:Atois de Tuamotu