O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA), é un corpus lingüístico dos textos latinos da antiga Galiza. Formouse reunindo os textos dos mosteiros de Samos, Sobrado dos Monxes, Oseira (Cea), Celanova, Xuvia (Narón), Lourenzá, Carboeiro (Silleda), Caaveiro, San Paio de Antealtares, San Martiño Pinario e os das sés das catedrais de Santiago de Compostela, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense.

Foi levado a cabo polo Centro Ramón Piñeiro baixo a dirección de José Eduardo López Pereira en convenio coa Universidade de Santiago de Compostela. Permite buscas segundo o tipo de documento, a data, o lugar e utilizar estratexias de busca. Para poder acceder a el, precísase rexistrarse.

Véxase tamén

Outros artigos

Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG) Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG)

Ligazóns externas Páxina web do CODOLGA

Categoría:Lingua latina Categoría:Historia da lingua Categoría:Lingüística computacional Categoría:Historia de Galicia Categoría:Centro Ramón Piñeiro Categoría:Corpus en lingua galega